LUCÍA MOLARES COÑECEU HOXE AOS BENEFICIARIOS DO PROGRAMA SOCIOLABORAL TESELA QUE LEVA A CABO A FUNDACIÓN EMAÚS

  • 29112011 VisitaTesela.jpg

    A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse esta mañá ata o supermercado Vegalsa-Eroski onde están a facer prácticas os perceptores deste proxecto, que conta coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 29 de novembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, coñeceu esta mañá aos beneficiarios do programa sociolaboral Tesela que a Fundación Emaús está a desenvolver na cidade dende hai xa cinco anos e que conta coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar.

Dirixido a persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social que residen na cidade de Vigo, o programa Tesela é un proxecto de dinamización das competencias sociopersoais e de acompañamento social de colectivos desfavorecidos.

Así, Lucía Molares, xunto aos responsables da Fundación Emaús, achegouse hoxe ata un dos supermercados que Vegalsa-Eroski ten na cidade olívica para coñecer o traballo que os perceptores deste proxecto están a desenvolver e que ten coma finalidade achegar o mercado laboral ás persoas máis desfavorecidas. Neste senso, a delegada da Xunta agradeceu a “colaboración” de entidades coma Vegalsa-Eroski por incorporar aos beneficiarios deste programa ao mundo laboral coa realización de prácticas nos seus establecementos ademais de felicitar a Emaús polo seu traballo a prol dos máis desfavorecidos.

 

Molares puido coñecer así as impresións dos perceptores do programa, que son persoas con dificultades económicas, sociais e laborais e que necesitan –polas súas circunstancias persoais- unha inclusión social e laboral. Para logralo, o proxecto Tesela persegue reforzar as súas competencias persoais e sociais, axustar os seus obxectivos, coñecer as súas capacidades e identificar as súas limitacións para implementar a súa rendabilidade laboral.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: