Manifestación folga sanidade privada

2011 11 29 ManifaSanidadePrivadaPontevedra1.JPG

Arredor de 400 traballadoras/es da sanidade privada percorreron esta tarde as rúas de Vigo para denunciar o bloqueo nas negociación do convenio colectivo das clínicas privadas de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra. A mobilización, convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, partiu ás 17.00 horas da empresa Clece, na rúa Hispanidade. A continuación pasou pola clínica Pintado para despois subir pola rúa Marqués de Alcedo até a clínica O Castro-Pepetuo Socorro. Rematou fronte a Concheiro, na Avenida de Madrid, arredor das 18.30 horas.

Unha vez alí, os representantes do comité de empresa anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para os vindeiros días 15 de decembro e 18 e 25 de xaneiro. Tamén criticaron o feito de que a patronal os convocase onte para retomar as negociacións o vindeiro día 13 de decembro, “pero non na sede da Confederación de Empresarios senón nun local de Academia Postal”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: