MARCO: actividades 1 decembro Día Mundial Sida

Nueva imagen.JPG

Actividades paralelas da exposición ‘YOU ARE NOT ALONE’

Organizadas en colaboración con entidades, asociacións e ONG

En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos como privados, unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

Con este motivo, o MARCO organiza unha programación de actividades en colaboración con distintas entidades, asociacións e ONG que levan anos traballando en distintas áreas da loita contra o VIH/SIDA. As devanditas actividades están concibidas paralelamente á exposición YOU ARE NOT ALONE, inaugurada o 21 de outubro nas salas da planta baixa.

ALONE’

Exposición

‘YOU ARE NOT ALONE’

DATAS

21 outubro 2011 – 22 xaneiro 2012

LUGAR

Salas de exposición da planta baixa

HORARIO

martes a sábados (festivos incluídos)

de 11.00 a 21.00

domingos, de 11.00 a 15.00

COMISARIAS

Hilde Teerlinck & Irene Aristizábal

Coproducida entre a Fundación ArtAids, a Fundació Joan Miró e o MARCO de Vigo, esta mostra colectiva reúne a 18 artistas contemporáneos de todo o mundo que contribúen á loita contra a estigmatización cunha mirada innovadora sobre a causa, as consecuencias e o contexto actual do VIH/SIDA, así como sobre as formas para combatilo.

Unha parte das actividades (véxase programa nas seguintes páxinas) terán lugar o propio xoves 1 e o venres 2 de decembro, e outras desenvolveranse ao longo das próximas semanas, ata a clausura da exposición o 22 de xaneiro.

PROGRAMACIÓN E ACTIVIDADES

Día Mundial contra a SIDA

Actividades paralelas da exposición ‘YOU ARE NOT ALONE’

Colaboran:

·          Concello de Vigo, Área Asuntos Sociais

·          Asociación FARAXA

·          MÉDICOS DO MUNDO Galicia. Delegación Vigo. Programa CEREDA

·          MÉDICOS SEN FRONTEIRAS (MSF). Delegación Noroeste

·          Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo. Programa Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO

·          Unidade VIH/SIDA Complexo Hospitalario Universitario de Vigo CHUVI. Servizo Galego de Saúde

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: