MAR COORDINA OS CINCO PORTOS ESTATAIS E O ENTE PORTOS DE GALICIA CO FIN DE ASENTAR E EXPANDIR O TRÁFICO DE MERCADORÍAS DESDE OS PEIRAOS GALEGOS

A conselleira do Mar clausurou na Coruña as primeiras xornadas sobre graneis líquidos Loxística Óptima de Hidrocarburos: nos niveis estratéxico, táctico e operacional

  • Rosa Quintana enxalzou a capacidade loxística acreditada que posúe o porto coruñés en materia de hidrocarburos

A Coruña, 30 de novembro de 2011.- A Consellería do Mar está traballando activamente para coordinar e desenvolver accións conxuntas entre as cinco entidades portuarias de titularidade estatal e o ente público Portos de Galicia, co fin de asentar e expandir o transporte de mercadorías desde os peiraos galegos. Díxoo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a clausura das primeiras xornadas sobre graneis líquidos Loxística Óptima de Hidrocarburos, celebradas na Coruña, onde a titular de Mar enxalzou a capacidade loxística acreditada que posúe o porto da Coruña en materia de hidrocarburos, e que se poderá expandir coa entrada en servizo da dársena de Punta Langosteira.

No transcurso da súa intervención, a conselleira salientou que este tipo de encontros serven para amosar a “nosa aposta polos camiños do mar como panca de relanzamento económico” e para pór en común puntos de vista que servirán para xestionar as instalacións portuarias co fin de “dar maior brío económico ás zonas onde se asentan”. A maiores, Rosa Quintana, destacou que estas xornadas aportan correccións á táctica de Galicia para que sexa de novo unha plataforma importante nos tráficos marítimos, especialmente de graneis líquidos e poida consolidarse como unha referenza na fachada atlántica europea.

A responsable do departamento marítimo sinalou a importancia de seguir traballando para que países emerxentes como China, India ou Brasil, vexan en Galicia a súa porta de entrada cara Europa, pola nosa “ubicación privilexiada e as capacidades e disposicións portuarias galegas”, dixo a conselleira.

Durante o peche do encontro, Rosa Quintana animou a que “todos xuntos, portos estatais e autonómicos, remando no mesmo rumbo poderemos acadar o obxectivo dunha estrutura dinámica e puxante”, de xeito que Galicia se contemple de maneira importante na Rede Transeuropea de Transportes, na cal poidamos integrar dous portos nodais.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: