O DIRECTOR XERAL DE XUVENTUDE DESTACA A IMPORTANCIA DO RECOÑECEMENTO AOS VOLUNTARIOS E DAS ENTIDADE

  • ovidio_confreso_002.jpg O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participaron hoxe nunha mesa de debate sobre ‘Repensando o voluntariado para a sociedade do século XXI’
  • Rodeiro sinalou que a aplicación da Lei Galega de Acción Voluntaria servirá para profundizar no coñecemento da realidade do voluntariado
  • Villanueva resaltou a importancia do traballo dos voluntarios de protección civil galegos ao longo dos moitos anos da súa existencia
  • Sete especialistas analizaron os camiños que pode seguir o voluntariado nos vindeiros anos

A Coruña, 30 de novembro de 2011.- O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na mesa de debate ‘Repensando o voluntariado para a sociedade do século XXI’, xunto a outros seis poñentes, no marco do Congreso Estatal de Voluntariado, que se celebra ata mañá na Coruña. Rodeiro destacou que este evento supón “unha oportunidade de coñecer distintas formas de voluntariado e diferentes motivacións para participar na acción voluntaria”.

 

Na súa intervención asegurou que con este panorama tan diverso, “hai que coñecer máis profundamente esta realidade a través dos estudos dos diferentes observatorios, como o que se creará en Galicia ao abeiro da nova Lei de Acción Voluntaria”. Apostarase pola creación de novos rexistros de entidades e experiencias dos voluntarios que permitirán certificar todas as actividades realizadas por institucións e persoas

Salientou que desde a Administración traballarase na formación e na especialización dos voluntarios e dos xestores de voluntariado. Unha vontade que xa se reflicte no traballo que se está a levar a cabo na educación primaria e secundaria co programa “Pasaporte solidario”, que recolle experiencias solidarias dos máis novos ou no “Servicio de Voluntarido Xuvenil”, que permite aos mozos entre 18 e 30 anos sumarse ás actividades das entidades de accion voluntaria en función dos seus perfís. Ovidio Rodeiro subliñou que “o obxectivo é reforzar as distintas liñas de acción voluntaria”.

Nesa mesma senda de traballo, o presidente en funcións do Consello de Xuventude de Galicia, Pedro García Puig, defendeu a concienciación desde os niveles máis baixos da educación e a promoción da participación activa da xuentude aproveitando as redes sociais no pulo das actividades

Protección civil

Pola súa banda, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, resaltou a importancia do traballo dos voluntarios de protección civil galegos ao longo dos moitos anos da súa existencia. Por ese motivo, apostou polo mantemento da súa visibilidade e vixencia, tendo en conta que complementan o traballo dos servizos profesionais e redundan nun mellor e máis completo servizo aos cidadáns.

Neste sentido, Villanueva lembrou que ademais das súas funcións vinculadas á seguridade e ás emerxencias -especialmente salientable no ámbito rural galego-, os voluntarios fan multitudes de funcións sociais e de apoio á sociedade, motivo polo cal contan cunha gran aceptación e consideración social. En declaracións do director, esta reputación, gañada a base de traballo e esforzo, “debe seguir sendo alimentada e apoiada por parte de todos aqueles con responsabilidades no tema, especialmente as administracións públicas”.

Universidade

En relación coa presenza do voluntariado nas aulas, a profesora da USC Mar Lorenzo sinalou que o novo Espazo Europeo de Educación Superior trae consigo “un importante cambio” na metodoloxía docente, porque a formación trascende o ámbito das aulas para interactuar coas sociedades nas que se integran as universidades. Por iso, nos últimos anos fortaleceuse a relación entre os programas educativos e os de acción voluntaria. Destacou que a terceira dimensión que acadou a universidade, a dimensión social, está a servir para construir sociedades “máis democráticas, solidarias e xustas”.

Outras visións

Na mesa redonda tamén participaron representantes doutras entidades, como Fernando del Rosario, vicepresidente nacional de Cruz Vermella, que apostou por outras fórmulas para alcanzar a felicidade máis alá da economía, a través de valores promovidos polo voluntariado. “Non todo se compra ni se vende”, dixo e engadiu que “a cercanía, a axuda, a soliaridade non están en crise”.

 

Na misma liña falou o secretario Xeral de Cáritas España que defendeu o voluntariado como “unha fiestra das cousas que non se ven”, pero tamén como “un espazo do cívico e un obxeto de inciencia pública”.

Por último, Marta Reina, da Fundación Hazloposible, presentou os estudos realizados a través da experiencia ‘hacesfalta.org’, punto de encontro de ongs e profesionais remunerados o voluntarios. As conclusións máis salientables son que hai máis persoas buscando facer voluntariado que demanda por parte das organizacións e que, en moitos casos, a oferta destas non coincide coas necesidades dos cidadáns, que agora pasan polo volunariado virtual, puntual, en familia, ou en grupo e vencellado ao ocio.

Programa de tarde

A sesión de tarde da segunda xornada do Congreso centrarase na implantación que o voluntariado está a conseguir en diferentes ámbitos da sociedade grazas ás novas tecnoloxías e tamén ao cambio de perspectiva que algúns axentes implicados teñen en conta. É o caso de algo tan presente como o voluntariado corporativo, do que falou Begoña Sendón, coordinadora de RSC en Galopín Parques. Considera que no caso da súa empresa, e cada vez de máis entidades, “o voluntariado corporativo intégrase no ADN da empresa, os traballadores se involucran de forma activa nos proxectos de integración social que promovemos”.

As accións de voluntariado chegan incluso aos centros penitenciarios, como no caso do proxecto Nosotras Intramuros, coordinado por Pilar Mingote. Dúas internas acompañárona hoxe para achegar as súas experiencias dentro do centro, plasmadas en obras artísticas e incluso en publicacións periódicas que fan que se sintan más preto da realidade que existe fóra. Todo elo pese ás limitacións de comunicación que teñen dentro do centro.

 

Juan Ramón Salido, voluntario nas aulas de novas tecnoloxías de COGAMI, falará doutro tipo de barreiras superadas gracias á integración social e laboral dos discapacitados presentes nesa aula, todos eles sen contacto previo coas novas tecnoloxías. Das súas vantaxes disertou Miguel Ángel Sánchez, impulsor do “Premio Nobel da Paz” á Fundación Vicente Ferrer a través de Facebook, que animará a tódolos presentes a utilizar as novas tecnoloxías para acadar os seus obxectivos.

As posibilidades que as redes sociais e as novas plataformas de contido ofrecen á hora de facer achegar a cidadanía as actividades das entidades centraron o último relatorio da xornada, despois de que tamén se falouse de voluntariado noutras áreas como a Universidade, o medio ambiente ou a terceira idade.

Emilio Polo, representante da Unión de Pensionistas, defenderá a loita desde as entidades de voluntariado para protexer os dereitos dun sector tan importante da poboacion como as persoas maiores, en grave risco histórico de exclusión.

A nivel universitario Silvia Arias profundizará nas ideas expostas á mañá por Mar Lorenzo, destacando que o 98% das universidades están xa preparadas para asumir a súa nova situación de axente social a través das súas políticas de voluntariado.

 

Obradoiros

De xeito paralelo a este intenso calendario de actividades continuaronse realizando obradoiros promovidos polas entidades de voluntariado representadas nos diferentes encontros e na feira instalada no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña e que continuarán abertos durante a xornada de mañá.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: