O PROGRAMA “EMPREGATEX” PERMITIU A ORIENTACIÓN LABORAL DE MÁIS DE 500 PERSOAS E A INSERCIÓN LABORAL DUN TOTAL DE 160

  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, deu conta hoxe en comisión parlamentaria deste programa destinado ás persoas desempregadas do sector téxtil
  • Por outra banda, máis de 400 persoas beneficiáronse das distintas accións de formación que se desenvolveron
  • Trátase do primeiro proxecto consensuado no seo do diálogo social de Galicia

Santiago, 30 de novembro de 2011.- O programa “Empregatex”, posto en marcha polo Goberno galego para axudar ás persoas desempregadas do sector téxtil, permitiu a orientación laboral de máis de 500 persoas deste sector e a inserción laboral dun total de 160.

Así o salientou hoxe o director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, que deu conta en comisión parlamentaria do balance de execución deste programa ata o momento. A iniciativa comezou en febreiro de 2010 e rematará no mesmo mes do próximo ano. O proxecto conta cun investimento de 2,9 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización.

Segundo os datos expostos, resumiu Martiñá, o 31,49% dos participantes acadou a súa inserción laboral durante este período. O obxectivo é acadar unha porcentaxe de inserción do 60 por cento das persoas participantes no programa.

O proxecto “Empregatex” é a primeira actuación consensuada dentro do seo do diálogo social e está liderado polas consellerías de Traballo e Benestar e Economía e Industria, en colaboración coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), patronal téxtil, que xunto cos sindicatos UGT e CCOO é parte executora deste programa.

 

Para acadar os seus obxectivos, o programa conta con seis estratexias diferentes para lograr a reinserción laboral: orientación profesional; formación e reciclaxe (Texmellora e Insiretex); fomento do espírito empresarial (Texcreación); promoción da mobilidade xeográfica (Movetex); formación en Tecnoloxías da Información e Comunicación (Textic); e axudas para unha mellor conciliación da vida laboral e persoal (Texconcilia).

A primeira fase do proxecto consistiu principalmente en localizar e contactar coas persoas desempregadas procedentes do sector téxtil. Grazas a este esforzo, contactouse con 575 persoas desempregadas. Deste total, 508 recibiron sesións de orientación. Durante esta fase, tamén se elaborou unha investigación para detectar as ocupacións cun maior potencial de inserción nos territorios de procedencia dos participantes.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: