ZONA FRANCA E UNIVERSIDADE CONSTITÚEN EN VIGO UN POLO DE INNOVACIÓN

6.jpg 6

Vigo, 30 de novembro de 2011.- Co obxecto de promover a cooperación e maila colaboración para o desenvolvemento e fomento da actitude innovadora entre os emprendedores, procurando unha aplicación práctica do coñecemento, a Delegada no Consorcio da Zona Franca, María Teresa Pisano e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron hoxe un convenio marco para a constitución dun “Polo de Innovación”. Este documento instrumentará e regulará as relacións entre ambas institucións en materia de innovación para xerar unha serie de iniciativas encamiñadas a dar pulo a proxectos colaborativos de transferencia tecnolóxica ao mercado e conseguir que as ideas se materialicen en valor económico. Esta transferencia realizarase principalmente a través das pemes e dos emprendedores que comeza a súa andaina empresarial na área de Vigo.

 

A Delegada explicou que nestes momentos de crise económica, o Consorcio aposta pola Innovación como fórmula para saír dela e, por iso, desde principios deste ano 2010 se está a traballar na Rede de Innovación Zona Franca. Xa que os estudos realizados constatan que as empresas que innovan incrementan a súa produtividade en 16 puntos porcentuais a respecto das que non o fan, as súas vendas se incrementan nun 2% e a probabilidade de exportar aumenta en 18 puntos a respecto das empresas non innovadoras, a Rede xa está a promover a cultura innovadora e en breve dotará de servizos e infraestruturas de apoio ás empresas no eido da I+D+i. O Polo de Innovación constitúe un dos elementos cos que traballar nesta Rede para impulsar con éxito a cultura innovadora e os proxectos de innovación empresarial.

 

Accións a desenvolver

 

Como accións que xa se están a realizar arroladas por o Polo de Innovación, a Delegada falou da elaboración dun Informe de Situación da Innovación na comarca de Vigo no que até o de hoxe teñen participado 340 empresas instaladas nos parques promovidos polo Consorcio. Unha vez analizados eses datos, o informe permitirá coñecer as fortalezas e debilidades das empresas do noso contorno e saber tamén qué servizos específicos demandan para dar o salto necesario no eido da innovación. Pisano tamén fixo referencia á pre-incubadora que estrearán os gañadores do primeiro premio INCUVI-Emprende convocado pola Universidade e que conta co apoio do Consorcio e adiantou que nos próximos días darase a coñecer a Factoría de Innovación, un centro de alto rendimiento en creatividade aplicada á innovación, un espazo adicado ao 100% para o desenvolvemento do potencial innovador das empresas.

 

O Reitor, Salustiano Mato fixo fincapé que este non é o único caso de colaboración entre Zona Franca e Universidade en materia de innovación e apoio a emprendedores xa que as dúas institucións viguesas xa teñen posto en marcha CITEXVI, outra realidade común desde a que se está a prestar servizos tecnolóxicos avanzados a proxectos de I+D+i empresarial e onde se están a integrar con éxito grupos de investigación e empresas. O Reitor salientou que si en Vigo quere dar ese salto necesario en innovación no primeiro lugar cumpre poñer en orde e sistematizar todos os recursos dispoñibles para que sexan optimizados por as pemes e emprendedores. Tanto o máximo responsable da Universidade como a do Consorcio coincidiron na importancia do convenio hoxe asinado xa que ambos manifestaron que, máis que nunca, neste tempo é fundamental a colaboración entre as institucións públicas para impulsar actuacións que faciliten ás empresas a saída da crise.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: