Noticias Ayuntamiento de vigo 01-12-11
O alcalde asegura que Francia ultima os «trámites administrativos» da Autopista do Mar de Vigo |
O Concello subvencionou as actividades socioculturais de 87 asociacións con case 100.000 euros no 2011 |
Caballero eloxia o «magnífico traballo» de Pierre Ianni á fronte de Citroën nunha «etapa moi difícil» |
Un gran lazo vermello conmemora no Concello o día mundial da loita contra o sida |
Concerto de «Xardín desordenado» no Auditorio Municipal |
Xunta de Goberno Local![]() |
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo![]() |
Curso de monitores/as de tempo libre |
VII Exposición de Mulleres Fotógrafas |
ECONOMÍA E INDUSTRIA POTENCIA O ASOCIACIONISMO ENTRE OS ARTESÁNS COMO ESTRATEXIA DE MODERNIZACIÓN DO SECTOR
- A directora xeral de Comercio, Nava Castro, que participou nos actos organizados por Ourives de Compostela con motivo do seu patrón, salienta o papel das organizacións profesionais “na consolidación da artesanía galega como unha actividade económica dinámica e con futuro”
- A asociación compostelá é unha das beneficiarias das axudas coas que a Consellería potencia o fortalecemento do tecido asociativo no sector
Protesta naval. Vigo
Os traballadores/as do naval de Vigo volveron manifestarse hoxe polas rúas da cidade para reclamar medidas que poñan freo á grave crise que padece o sector e esixir que se depuren responsabilidades pola mala xestión dos estaleiros. A marcha partiu de Barreras pouco antes das 11.00 horas e rematou unha hora despois fronte á sede da Xunta.
Centos de empregados/as e desempregados/as dunha das industrias máis importantes de Vigo percorreron a Avenida de Beiramar cortando un só carril de circulación até o edificio autonómico berrando consignas como “Naval solución” e reclamando a implicación dos Gobernos español e galego na busca de alternativas ao sistema de bonificación fiscal coñecido como tax lease.
Dende a CIG lembraron que cada día que pasa a situación do sector empeora e denunciaron a falta de vontade política para atallar a problemática que situou a industria naval da Ría de Vigo ao borde da desaparición. Finalmente, lembraron que as mobilizacións continuarán todos os martes e xoves a partir das 10.30 horas e fixeron un chamamento a todos os traballadores/as a participar na defensa de milleiros de empregos.
OFERTAS DE EMPLEO: SEMANA DEL 30 DE NOVIEMBRE AL 6 DE DICIEMBRE DE 2011
Fecha Referencia Empresa Puesto Localidad Requisitos
28/11/2011 069/11
POLÍTICO
SOCIAL FORMADOR/A VIGO
Se requiere Diplomada en Enfermería con certificado
de profesionalidade de Formador Ocupacional o
experiencia de más de 600h. en los últimos 7 años en
formación profesional para adultos en especialidad de
atención física o intervención de atención
sociosanitaria dirigida a personas dependientes.
Quedan exentos de este requisitos de experiencia:
• Licenciados en Pedagogía o Diplomados en
Maxisterio
• Titulados en Especialización Didáctica.
Se ofrece contrato por obra en empresa del sector
sociosanitario con incorporación inmediata.
18/11/2011 068/11 PRODUCCIÓN
TÉCNICO/A PREVENCIÓN DE
RIESGOS LABORALES
VIGO
Formación académica en Relaciones Laborales,
Empresariales o Administración y Dirección de
Empresas. Conocimientos medios de :Inglés,
Contaplus, Nominaplus, Excel y Word. Experiencia
laboral en el puesto ofertado, elaboración de nóminas y
seguros sociales y tareas contables.
10/11/2011 067/11 TRANSPORTE
TÉCNICO COMERCIO
EXTERIOR
VIGO
Ciclo Superior en Administración y Finanzas, formación
especializada en Comercio Exterior y Logística. Buen
manejo de idioma inglés y Excel. Experiencia mínima
en el puesto de 1 año.
Tareas a desempeñar: Control y gestión de la
importación y exportación, facturación, contabilidad,
trato con clientes y proveedores
FIN RUTA TAPA ÁBACO+LISTADO PREMIADOS
A debutante “Liga de Amigos de O Rosal” alzouse coa vitoria nesta 3ª Ruta da Tapa que rematou o pasado 27 de novembro.
Esta edición se caracterizou, dende os primeiros días de ruta, polo alto nivel competitivo dos seus participantes. De esta igualdade se desprende a apretada puntuación final que separa ao flamante campión “Liga de Amigos do Rosal” con 288 puntos, de “Casa do Outeiro”, segundo clasificado con 285 puntos, ou os dous puntos de diferenza existentes entre “O Pasaxe” e o tamén rosaleiro, “Restaurante Juan” cuarto clasificado. Poderíamos seguir así ata o posto número 19.
Outras notas salientables que nos deixa esta cita é, unha vez máis, a alta participación de ruteiros que chegaron a ateigar os locais nas tres fins de semana que durou a ruta, espazo limitado de tempo, segundo gran parte dos participantes, para completar todas as visitas. Non obstante, estes vinte días deron de si para que 66 valentes e agradecidos ruteiros sexan premiados con sendos “Magnums de Marques de Vizhoja” por tal esforzo. É o caso de “Li” de Camposancos, incondicional nas Rutas da Tapa e do Pincho, que é o afortunado gañador do sorteo dunha fin de semana no “Talaso Atlántico”. Para él e para os demais gañadores, so queda darlle os parabéns e o agradecemento por facer das rutas un motivo máis para vivir, visitar e degustar A Guarda e O Rosal.
A ENTREGA DE PREMIOS REALIZARASE NO LOCAL DE ÁBACOO RÚA IREIRA, 9 – Baixo
VINDEIRO LUNS 12 DE DECEMBRO DE 2011 AS 20:30 HORAS
A CONSELLERÍA DO MAR DESTINOU ESTE ANO PRETO DE 4 MILLÓNS AOS CONVENIOS DE VIXILANCIA E ASISTENCIA TÉCNICA
- O departamento que dirixe Rosa Quintana xa aboou arredor do 40% do diñeiro correspondente a subvención destes convenios
- O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, subliñou que estanse axilizando os trámites para pagar as achegas
- Lembrou que se trata dunha subvención pero que as confrarías deben contar con vías que aseguren a súa capacidade de autofinanciamento
XUNTA, CONCELLO E ZONA FRANCA IMPULSAN O PARQUE EMPRESARIAL DE MATAMÁ
ASINAN UN CONVENIO PARA A EXECUCIÓN DA CONEXIÓN DO SEGUNDO CINTO DE CIRCUNVALACIÓN COS TERREOS DO FUTURO PARQUE NO NODO DE BALSA
O parque promovido pola Zona Franca iniciará as obras no primeiro semestre de 2013
O parque promovido pola Zona Franca iniciará as obras no primeiro semestre de 2013
Vigo, 1 de decembro de 2011.- O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, xuntamente co Alcalde, Abel Caballero e a Delegada no Consorcio, María Teresa Pisano, veñen de asinar un convenio para a execución da conexión dos terreos do futuro parque empresarial de Matamá có segundo cinto de circunvalación de Vigo. Esta conexión levarase a cabo na zona noroeste do parque a través do actual enlace de Balsa-Monte de Baños constituíndo no futuro o principal acceso ao polígono e o único para o tráfico pesado Leer más…
O VENRES 2 DE DECEMBRO, ACTUACIÓN DE SILVIA WOMAMI EN DETRÁS DO MARCO
Venres 2 de decembro, ás 20:30 horas
Vigo, 1 de decembro de 2011. A cantautora Silvia Womami regresa a Detrás do Marco (R./ Londres s/n), onde xa ten un público fiel que non quere deixar pasar a oportunidade de escoitar esta marabillosa voz. A artista volverá a emocionarnos mañá venres 2 de decembro (20:30 horas). Ademais, a galega de adopción estreará o novo escenario do local, despois das recente obras
realizadas no café, que mudou de cara. Silvia fai versións de cancións “de toda a vida” e no seu repertorio hai cancións de Silvio Rodríguez, Amparanoia, Mercedes Sosa, Bebe, Van Morrison,
Tracy Chapman, Kiko Veneno, Fito Páez ou Vaya con Dios, entre outros intérpretes.
RELACIÓN DE PREMIADOS DA XIV CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA E DA X CATA DOS MELES DE GALICIA 2011
Santiago, 1 de decembro de 2011.– Na gala de hoxe, celebrada no municipio coruñés de Melide, localidade clave na produción de queixo e mel, entregáronse os premios desta edición, nos diferentes apartados nos que se estrutura este concurso. Leer más…