O VENRES 2 DE DECEMBRO, ACTUACIÓN DE SILVIA WOMAMI EN DETRÁS DO MARCO
Venres 2 de decembro, ás 20:30 horas
Vigo, 1 de decembro de 2011. A cantautora Silvia Womami regresa a Detrás do Marco (R./ Londres s/n), onde xa ten un público fiel que non quere deixar pasar a oportunidade de escoitar esta marabillosa voz. A artista volverá a emocionarnos mañá venres 2 de decembro (20:30 horas). Ademais, a galega de adopción estreará o novo escenario do local, despois das recente obras
realizadas no café, que mudou de cara. Silvia fai versións de cancións “de toda a vida” e no seu repertorio hai cancións de Silvio Rodríguez, Amparanoia, Mercedes Sosa, Bebe, Van Morrison,
Tracy Chapman, Kiko Veneno, Fito Páez ou Vaya con Dios, entre outros intérpretes.