Protesta naval. Vigo

Os traballadores/as do naval de Vigo volveron manifestarse hoxe polas rúas da cidade para reclamar medidas que poñan freo á grave crise que padece o sector e esixir que se depuren responsabilidades pola mala xestión dos estaleiros. A marcha partiu de Barreras pouco antes das 11.00 horas e rematou unha hora despois fronte á sede da Xunta.

Centos de empregados/as e desempregados/as dunha das industrias máis importantes de Vigo percorreron a Avenida de Beiramar cortando un só carril de circulación até o edificio autonómico berrando consignas como “Naval solución” e reclamando a implicación dos Gobernos español e galego na busca de alternativas ao sistema de bonificación fiscal coñecido como tax lease.

Dende a CIG lembraron que cada día que pasa a situación do sector empeora e denunciaron a falta de vontade política para atallar a problemática que situou a industria naval da Ría de Vigo ao borde da desaparición. Finalmente, lembraron que as mobilizacións continuarán todos os martes e xoves a partir das 10.30 horas e fixeron un chamamento a todos os traballadores/as a participar na defensa de milleiros de empregos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: