TRABALLO DESTINARÁ 3,1 MILLÓNS DE EUROS EN 2012 A POLÍTICAS DE INTEGRACIÓN LABORAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN PONTEVEDRA

  • O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, inaugurou hoxe en Vigo as ‘III Xornadas de Emprego e Saúde Mental-Asumindo Retos’, que organiza a Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES)
  • Hermida indicou que o departamento autonómico está a manter na provincia pontevedresa un total de 601 postos de traballo de persoas con discapacidade nos 25 centros especiais de emprego que existen

Vigo, 1 de decembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá ao longo de 2012 preto de 3,1 millóns de euros en políticas de integración laboral de persoas con discapacidade. Así o avanzou hoxe o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, na inauguración das ‘III Xornadas de Emprego e Saúde Mental- Asumindo Retos’ que organiza a Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES) en Vigo.

O responsable da área autonómica explicou que o Goberno galego, en liña co Plan de Actuación Social, destinará en 2012 en toda Galicia un total de 15 millóns de euros a axudas á contratación indefinida de persoas con calquera tipo de discapacidade; ao emprego con apoio en empresas; e ao mantemento dos centros especiais de emprego.

Na actualidade, Traballo está a apoiar na Comunidade autónoma o mantemento de preto de 1.800 postos de traballo para persoas con discapacidade nos 115 centros especiais de emprego que existen. Na provincia de Pontevedra existen 25 centros deste tipo nos que traballan 601 persoas con discapacidade.

Hermida expuxo que unhas das prioridades do Goberno galego no desenvolvemento das políticas activas de emprego é “a aposta por un mercado laboral accesible, inclusivo e de calidade, adoptando un conxunto de medidas e programas que teñen como finalidade lograr a incorporación e, algo que nestes momentos de crise é moi importante, a permanencia das persoas con discapacidade no mercado de traballo”, apuntou.

Nesta liña, indicou que a Xunta agrupa as políticas activas de emprego a favor das persoas con discapacidade en tres eixos: a mellora da empregabilidade, a mellora da ocupabilidade e a colaboración e participación do movemento asociativo.

O responsable da área autonómica sinalou que a mellora da empregabilidade articúlase mediante a elaboración dun itinerario personalizado de inserción sociolaboral, adaptado á persoa con discapacidade, adecuando os procesos formativos as súas necesidades para a adquisición das competencias básicas, a rehabilitación profesional, a orientación, o asesoramento, o apoio e o seguimento.

Para a mellora da ocupabilidade, a Xunta está a levar a cabo programas de fomento da contratación indefinida na empresa ordinaria, o fomento da integración laboral nos centros especiais de emprego, as subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional e o fomento do emprego autónomo para persoas con discapacidade, entre outras actuacións.

O terceiro eixo correspóndese á participación das asociacións deste ámbito nas políticas que desenvolve a Administración autonómica. “Para acadar a maior efectividade posible de todas as medidas resulta fundamental contar coa colaboración das distintas entidades representativas”, apuntou Hermida, quen detallou que esta colaboración materialízase na incorporación destes colectivos á rede autonómica do servizo de orientación, na súa participación na execución de plans de formación ocupacional específicos, na súa presenza na rede de axentes de emprego ou na sinatura de diferentes convenios específicos de colaboración.

En definitiva, Hermida resaltou que a Xunta, ademais de poñer en marcha medidas tendentes a favorecer o acceso ao emprego, está a mellorar os servizos e a calidade asistencial. “Por iso puxemos en marcha o Plan de Actuación Social 2010-2013 e, en paralelo, o Plan Sociolaboral, especialmente pensado para a inserción laboral das persoas que máis dificultades teñen para acceder a un posto de traballo”, recalcou.

 

Hermida concluíu apostando por promover a participación activa das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, garantir a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida destas persoas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: