XUNTA, CONCELLO E ZONA FRANCA IMPULSAN O PARQUE EMPRESARIAL DE MATAMÁ

ASINAN UN CONVENIO PARA A EXECUCIÓN DA CONEXIÓN DO SEGUNDO CINTO DE CIRCUNVALACIÓN COS TERREOS DO FUTURO PARQUE NO NODO DE BALSA

O parque promovido pola Zona Franca iniciará as obras no primeiro semestre de 2013

O parque promovido pola Zona Franca iniciará as obras no primeiro semestre de 2013

Vigo, 1 de decembro de 2011.- O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, xuntamente co Alcalde, Abel Caballero e a Delegada no Consorcio, María Teresa Pisano, veñen de asinar un convenio para a execución da conexión dos terreos do futuro parque empresarial de Matamá có segundo cinto de circunvalación de Vigo. Esta conexión levarase a cabo na zona noroeste do parque a través do actual enlace de Balsa-Monte de Baños constituíndo no futuro o principal acceso ao polígono e o único para o tráfico pesado

Coa sinatura deste convenio dáse un impulso decidido á actuación do parque de Matamá-Valladares xa que a definición do enlace viario permitirá adiantar a tramitación do planeamento urbanístico para que estea rematado en 2012. Dese xeito, os terreos poderán seren adquiridos nese vindeiro e as obras de urbanización poderán inciarse no primeiro semestre do ano 2013. A importancia desta actuación ven derivada porque esta é a única actuación de parque industrial prevista no novo Plan Xeral de Ordenación do Concello de Vigo, e a súa execución suporá unha decisiva e necesaria concentración de actividade para o sur de Galicia e propiciará o conseguinte fomento de emprego.

Zona Franca considera fundamental a construción do parque empresarial de Matamá o que permitira reducir a demanda de solo industrial en Vigo, nestes momentos tan só contida pola actual situación de crise pero que volverá a aflorar no que mellore a situación económica. Para Zona Franca é fundamental que esta infraestrutura estea finalizada nese momento para que a comarca de Vigo non perda oportunidades de implantación de empresas.

No convenio, o Consorcio da Zona Franca de Vigo comprométese a asumir todos os gastos derivados da execución da devandita infraestrutura, a Xunta de Galicia, a executar as obras e o Concello de Vigo, ao seu posterior mantemento.

O Consorcio comezou a promoción deste Parque no ano 2008 unha vez aprobado o PXOM de Vigo. Trátase dun Parque estratéxicamente situado xa que a súa superficie limita có segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), infraestrutura na que se sitúan as tres principais actuacións industriais ordenadas da cidade, todas promovidas polo Consorcio da Zona Franca: o polígono industrial de Balaídos, o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo e agora iste novo Parque Empresarial. Por iso é importante a execución do enlace de Balsa xa que a VG-20 estase a configurar como unha arteria de comunicación estratéxica das área empresariais favorecendo por unha banda a comunicación rodada e, por outra, evitando que os tráficos pesados interfiran cos propios da cidade

O Parque de Matamá ten unha superficie total de 1.101.280 m2 e a inversión prevista polo Consorcio para poñer no mercado esta dotación na que se prevé a creación de 4.000 postos de traballo é de cerca de 75 millóns de euros. O seu uso principal será o industrial pero tamén se contemplan usos terciarios, dotacionais e usos residenciais cunha superficie destinada ás reubicación de vivendas situadas actualmente no sector e noutras actuacións de promoción pública.

No Parque Empresarial de Matamá existen dúas zonas claramente diferenciadas: un área situada ao norte do Cinto, e totalmente separada do ámbito, que se destina a usos residenciais para reubicación de vivendas afectadas; e outra área, ao sur do Cinto, na que se deseña a zona empresarial. A entrada do parque se realizará desde o nodo de Balsa ao que fai referencia o convenio asinado por Xunta, Concello e Zona Franca. Desde esta entrada parte un vial principal, paralelo ao Cinto, que estrutura todo o ámbito. Dado que o parque é máis estreito na súa parte central, nel tamén se deseñan dúas áreas industriais diferenciadas, unha no Leste e outra no Oeste. A meirande parte (33,8 Ha) dos usos previstos no Plan Parcial está destinada a parcelas empresariais e, o resto, se reparte entre usos terciarios (31.482 m2), residencial para a reubicación de vivendas (28.403 m2), e equipamentos 53.098 m2.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: