Gastronomía, viñedos e patrimonio histórico na Ponte enoturística na comarca de Verín

P1010026.JPG

A partir de mañá e ata 8 de decembro, ponte da Constitución, a  Asociación da Ruta do Viño Monterrei, en colaboración co Concello de Verín e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, ofertará paquetes especiais de enoturismo destinados a que os/as visitantes se aproximen a Verín nestas datas co obxecto de coñecer de modo integral un destino con múltiples posibilidades: paseos por viñedos, visita a adegas, degustación da gastronomía da zona, adquisición de produtos típicos e visitar o patrimonio natural e histórico-artístico da comarca de Verín-Monterrei.

Entre as ofertas propostas para estas xornadas atópanse: aloxamento (Retiro do Conde, Aldea Rural A Cortiña, Parador de Verín), actividades nas adegas da D.O. Monterrei (Abeledos, Ladairo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble -de carácter gratuito-, Vía Arxéntea, Tapias Mariñán, Pazo de Valdeconde e Chicheno -tamén de carácter gratuito, pero con cita previa- e a Semana do Mexillón e do Viño na adega Terra do Gargalo -por un prezo de oito euros para dúas persoas-) ou enoturismo para gourmets (Restaurante Brasil, Restaurante Gallego, Restaurante Lugano e Restaurante O Candil). Todo isto sen esquecer o patrimonio natural, encabezado polo Parque natural de O Invernadeiro, o histórico-artístico (Castelo de Monterrei, Casa do Escudo, Capela de San Lázaro, Casa dos Acevedo, Igrexa – Convento Mercedario, Igrexa parroquial Santa María A Maior, praza García Barbón e do Cigarrón e o patrimonio balneario -Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Caldeliñas e Fonte do Sapo-, e o lecer nocturno.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: