O MUSEO DO MAR DE GALICIA ABRE HOXE UNHA EXPOSICIÓN PERMANENTE CON 213 ESPECIES DE PEIXES E INVERTEBRADOS

O conselleiro de Cultura e Turismo asistirá esta tarde no Museo do Mar de Galicia á apertura dun Gabinete Científico que exhibirá 213 especies de peixes e invertebrados capturados en Terranova e no Hatton Bank irlandés. Os fondos proceden do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Asemade, Roberto Varela presidirá a reunión do Padroado do Museo do Mar onde se ratificará a Marta Lucio como nova directora do recinto museístico de Alcabre.
Vigo, 2 de decembro de 2011.- O Museo do Mar de Galicia abre hoxe ás 20,00 horas un novo espazo de exposición permanente, o Gabinete Científico, unha mostra con 213 especies de peixes e invertebrados conservados en alcohol de 70 graos e ubicada no hall do museo. Esta mesma tarde, antes de asistir ao acto de apertura da exposición, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidirá a reunión do Padroado do Museo do Mar onde se ratificará a Marta Lucio como nova directora do recinto museístico de Alcabre.
O Gabinete Científico evoca, no seu plantexamento conceptual, aos gabinetes de curiosidades que tanto atraían a atención do público nos séculos XVI e XVII, e que amosaban os obxectos e os organismos recollidos nas primeiras exploracións. No caso do Gabinete do Museo do Mar, componse de fondos procedentes das campañas de investigación levadas a cabo pola sede viguesa do Instituto Español de Oceanografía –IEO- e polo Instituto de Investigacións Mariñas do CISC.
Respecto aos fondos do Investigacións Mariñas, amósanse 139 especies capturadas no Gran Banco de Terranova e en particular no Flemish Cap, unha impoñente montaña submariña que se alza dende os 4.000 metros de profundidade ata case a superficie, e que se separa da plataforma atlántica do Canadá polo estreito do Flemish Pass. Neste paso, ben coñecido pola frota bacallaeira e conxeladora galega, a corrente cálida do Gofo conflúe coa fría do Labrador, propiciando unha inmensa riqueza mariña que ten ao bacallau no cumio da súa cadea trófica.
Do IEO proceden, por outra banda, 74 especies capturadas no Hatton Bank, un pequeno pero moi rico caladoiro situado ao noroeste de Irlanda, e de onde proceden recursos pesqueiros tan importantes para a economía galega como o granadeiro ou o talismán. Cabe salientar, ademais, que froito destas investigacións do IEO, e pola riqueza e variedade destes organismos, parte do caladoiro irlandés foi declarado reserva biolóxica.
Atópanse entre os exemplares más rechamantes do Gabinete, polas súas estrañas formas e a súa pel transparente, algúns curmáns do peixe sapo ou pequenos monstros mariños de 10/15 cm., dotados de longos e afiados dentes, que adoitan vivir nas profundidades abisais. Entre os invertebrados, sen dúbida atraerán tamén a atención do público estruturas de grande beleza como as esponxas de profundidade recollidas no Hatton Bank.
Esta mostra complétase con tres espazos de información que axudan a comprender a orixe e os contidos do Gabinete, a clasificación das especies e as zonas do océano nas que habitan. Para a selección e tratamento das especies expostas, o Museo do Mar creou no seu día unhas bolsas de traballo, e na selección dos bolseiros participaron representantes do IEO, de Investigacións Mariñas e da Facultade de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: