DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO, LUCÍA MOLARES, DURANTE A SÚA VISITA ÁS ESCOLAS DEPORTIVAS DO C.D. AMFIV

VISITALUCIA2.jpg VISITALUCIA A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, realizou esta mañá unha visita aos alumnos e alumnas das escolas deportivas que o Club Deportivo Amfiv ten na cidade.

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Lucía Molares quiso compartir unha xornada con estes xóvenes que practican o baloncesto en cadeira de rodas, e que tamén se exercitan na escola de natación. En total, nas escolas deportivas do Amfiv practican ambos dous deportes ao redor duns 40 alumnos e alumnas. Xunto aos responsables do clube, a delegada da Xunta amosou así o apoio que a Administración autonómica presta ao colectivo discapacitado.

Os novos valores da escola do Amfiv, que soñan con formar parte nun futuro non moi afastado do primeiro equipo, competir na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas e representar a Vigo e a Galicia nas competicións europeas, agradeceron a Molares o apoio prestado dende a Xunta nestes últimos anos ao club vigués para a adquisición de material deportivo, o que permitiu que, por primeira vez dende que se puxo en marcha a actividade de baloncesto, os alumnos da escola do Amfiv conten cunha cadeira de rodas de competición para poder adestrarse cada sábado pola mañá no Pavillón do Carme.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: