JAVIER GUERRA DESTACA QUE “O COMERCIO DE PROXIMIDADE É UN VALOR ENGADIDO PARA A ECONOMÍA GALEGA”
O conselleiro de Economía e Industria salienta a importancia e a calidade do comercio vigués na VIII Gala do Comercio de Vigo, organizada por Fecovi
§ A Xunta ten deseñado o Plan Ágora-Agora re-Comercia como unha estratexia de dinamización comercial que pon “por primeira vez, ao alcance dos comerciantes un programa de apoio completo e ordenado”
§ Guerra destacou que onte constituíuse a Mesa Local de Comercio de Vigo que supón un paso adiante na estratexia “abrir aos comerciantes canles de comunicación directos e eficaces”
§ O conselleiro adiantou que Mercacevi tamén será distinguida co premio que recoñece ás mellores iniciativas dos mercados municipais españois e lembrou a importancia do apoio da Xunta ás Prazas de Abastos e Mercados