A Feira Ecolóxica reverdece e volve a Arzúa un ano máis

  OS DÍAS 17 E 18 DE DECEMBRO          

 A Feira Ecolóxica reverdece e volve a Arzúa un ano máis

 O mercado ecolóxico máis grande de Galicia volve un ano máis a Arzúa coa Feira Ecolóxica. Os días 17 e 18 de decembro celebrarase a oitava edición deste evento que xa adquiriu proxección estatal e internacional, ademais de ser un referente imprescindible na comarca e no país. Produtores e produtoras locais, outros chegados de diversas partes do Estado e ata do Brasil integrarán os preto de 50 stands da Feira. E coma todos os anos, música, teatro, conferencias, proxeccións, actividades para o público infantil e diversos xeitos de achegarse á Terra daranse cita na vila coruñesa. Ademais e, sen dúbida e dadas as datas nas que se celebra, a Feira Ecolóxica será unha magnífica ocasión para facer de forma máis xusta e respectuosa coa contorna as compras do nadal. Este evento está organizado e co-financiado polo Concello de Arzúa, financiado pola Deputación da Coruña e xestionado por Coperactiva Cultural e presentarase nunha conferencia de prensa en Arzúa o martes día 13 de decembro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: