Concello de Salceda de Caselas "NADAL SOLIDARIO"

O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha este sábado a campaña “Nadal Solidario”. Trátase dunha iniciativa para a recollida de libros e xoguetes coa fin de que ningunha nena nin neno se quede sen un agasallo no vindeiro Nadal, a pesares da actual crise que agravou a situación económica dalgunhas familias. A Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, Marina Cabaleiro, convida a participar nesta campaña a todos aqueles veciños e veciñas do noso municipio que desexen aportar xoguetes, libros ou calquera outro obxecto que poida ser usado polos rapaces e rapazas con menos de 16 anos Para este fin, o vindeiro sábado 10 de decembro permanecerá aberto o Auditorio Municipal, no cal estará un grupo de voluntarios recollendo xoguetes de 10:00 a 20:00 horas. Unha vez recollidos os agasallos e ata o día 30 de decembro procederase a súa preparación e clasificación por idades para a posterior entrega os días 2 e 3 de xaneiro. Marina Cabaleiro, responsable tamén da área de Voluntariado quere agradecer ós voluntarios e voluntarias a súa participación nesta e noutras actividades e animar a todas aquelas persoas que queiran formar parte da bolsa de voluntariado do Concello (VOLSA) que pasen a informarse  pola oficiña da Concellería de Benestar ou na Oficiña  de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: