Archive | diciembre 9, 2011

O comité de empresa de Alcampo convoca concentracións para protestar polo despedimento dunha traballadora en Vigo

Dende a CIG denuncian a actitude do xefe da sección de lácteos do centro comercial, ao que acusan de abuso de autoridade

 VIGO/09-12-11

O comité de empresa de Alcampo Vigo 2, centro comercial situado na Avenida de Madrid, desenvolveu hoxe unha nova mobilización para denunciar o despedimento dunha traballadora e criticar a actitude do xefe da sección de lácteos. Leer más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES PARA AVANZAR NA ESTRATEXIA DE MOBILIDADE SOSTIBLE DA XUNTA

  876 automóbiles eficientes circulan xa polas estradas galegas grazas a esta campaña

A nova edición do Plan de Vehículos Eficientes diminuirá o impacto ambiental, cun aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión á atmosfera de 266 toneladas de CO2

§ A Consellería incrementa nun 37% o orzamento desta edición, cunha achega de 700.000 euros que xerará un investimento duns 6,7 millóns

§ As axudas chegarán até o 15% do prezo do vehículo e poderán alcanzar os 7.000 euros

§ Máis de 30 concesionarios e talleres participen nesta nova campaña, realizando preto de 300 transaccións

§ A Xunta continuará mellorando os resultados deste Plan tendo en conta que o número de adquisicións e transformacións de vehículos eficientes aumentou nun 11% na actual lexislatura, con respecto ao anterior período de Goberno

MAÑÁ10 DE DECEMBRO, ACTUACIÓN DE RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO

Oguitarrista e compositor Rubén de Lis actuará mañá día 10 de decembro (19:30horas) en Detrás do Marco. O galego,que xa  é un dos cantantes de cabeceira dolocal, volverá facernos vibrar coa súa guitarra e cancións coñecidas por todos,ademais de amosarnos os seus propios temas (cantados e compostos por el).

E.D.VIGO20​15 SIGUE LIDERANDO LA LIGA GALLEGA DE FUTBOL SALA

  Concello de Guitiriz-1-
PABELLÓN DE NAVIA: Buena entrada.
Floja primera parte de nuestro equipo que llegó al descanso con un resultado a favor de 2-0 pero en al segunda el mister Lucas le puso las pilas al equipo y jugó al ritmo que nos tiene acostumbrados haciendo gala de buen fútbol sala, destacar los 5 goles de Samuel, con esta victoria y despues del empate ante el Azkar Lugo, el E.D.VIGO2015 mantiene intactas sus aspiraciones de hacerse con el titulo gallego y es el único equipo de la categoría que sigue invicto.El seleccionador gallego presente en el partido tomó buena nota de los jugadores vigueses, y ya mostró su interes por varios de los jugadores vigueses.
El próximo rival sera el Bembrive el domingo día 11 a las 10 de la mañana en el Pabellón de Navia.
Francisco Fernández
E.D.VIGO2015

A ponte festiva réstalle incidencia á primeira xornada de folga en Povisa

A partir do luns poderase comprobar o seguimento real do paro      convocado para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es da      limpeza A ponte festiva restoulle incidencia á primeira xornada da folga      indefinida convocada en Povisa polo despedimento de 27      empregadas/os da limpeza xa que moitos dos servizos do centro      médico vigués atópanse pechados. Dende a CIG entenden que até o      luns non se poderá saber cal é o seguimento real do paro.

A folga non está a ter moita repercusión na súa primeira xornada      xa que moitos dos servizos do centro atópanse pechados. Con todo,      algúns traballadores/as secundaron o paro e participaron na      concentración convocada ás portas do hospital que se prolongou até      as 17.00 horas. Dende a CIG explicaron que os representantes do comité de empresa      mantiveron unha xuntanza zo xefe de persoal de Povisa para      trasladarlle unha proposta que permita desbloquear o conflito.      «Dixémoslle que estamos dispostas/os a conxelar os salarios en      2012, a retirar a demanda da CIG polos atrasos e a desconvocar a      folga pero non lles parece suficiente; o que queren é ir ao      convenio provincial, baixar os salarios e reducir a xornada»,      explica María Xesús Neira, a secretaria da sección sindical da CIG      en Povisa.
Diante disto, nos vindeiros días anunciarán novas mobilizacións.      Esta fin de semana levarán a cabo máis concentración fronte ao      centro médico entre as 10.00 e as 12.00 horas e a partir das 15.00      horas.

Noticias de Ayuntamiento de Vigo -09-12-11


O alcalde revela que o voo a Londres custará un tercio menos e incluirá a conectividade con British Airways

Abel Caballero explicou que o goberno local e Vueling están preto de asinar o acordo para establecer a ruta con Heathrow de marzo a outubro de 2012, un convenio que custará 450.000 euros -polos 657.000 euros de 2011- e incluirá conectividade con British Airways. Ademais, o alcalde desvelou que o Concello dará todas as facilidades para a instalación en Vigo da baixo custo de Iberia, sen aportacións económicas.

 


O Concello adica 87.000 euros ao novo sistema de radiocomunicacións da Policía Local

O alcalde de Vigo informou hoxe venres desta iniciativa, tras validar o goberno local a clasificación de ofertas para prestar este servizo. Trátase dun sistema de voz e datos que inclúe o aluguer das infraestruturas, un máximo de 255 equipos e o mantemento, que en casos graves será nun tempo menor á hora. Por outra banda, Caballero informou da concesión de 23 licenzas urbanísticas por valor de 350.000 euros na reunión da Xerencia celebrada esta mañá.

 


Caballero anima a presenciar o Cidade de Vigo de kárate e valora as actividades deportivas de autodisciplina


O pavillón de Bouzas recibe por cuarta oportunidade nos últimos cinco anos o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, baixo a organización da Asociación Deportiva Zanshin. Será este sábado a partires das 17:00 horas cando uns 60 karatecas pelexarán dende categoría cadete a senior, pasando por xuvenil, junior e sub 21. Este ano, o torneo reúne ao club local, que presenta dous equipos, ao Bunkai Sport Ferrol e ao Club Shotokan Santander.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 7-12-11


Abel Caballero visitou as obras do pavillón deportivo de Candeán, onde o Concello adica 2,3 millóns

O alcalde acudiu hoxe mércores a visitar as obras de construcción do pavillón polideportivo de Candeán, financiado íntegramente polo Concello de Vigo cun importe de 2,3 millóns de euros. Esta infraestrutura «forma parte da política de construción de pavillóns e instalacións deportivas que estamos levando adiante», apuntou Caballero, quen adiantou que a inauguración será «o antes posible».

 


Caballero compromete apoio económico e unha sede ao Instituto de Estudios Vigueses

O Instituto de Estudios Vigueses e o Concello de Vigo inician unha etapa de entendemento que permitirá que a institución sega a facer o seu traballo en pro da cultura da cidade. Así o explicou o alcalde, logo de manter esta mañá coa nova xunta directiva da asociación, quen avanzou que a sede provisional do Instituto será o edificio municipal de Areal.

 


O rexedor atende as peticións de asfaltado e humanizacións na parroquia de Sárdoma

O alcalde de Vigo comprometeu hoxe o seu apoio ás peticións da Asociación de Veciños de Sárdoma que solicitan «con perentoriedade» asfaltados e humanizacións en distintas zonas da parroquia. O rexedor, quen mantivo esta mañá un encontro con responsables da entidade, avanzou que «nalgúns casos» vai haber cesións de particulares para poder ampliar as beirarrúas.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

Teatro Ensalle cierra el 2011 con Canción La ver into, una propuesta de Mónica Valenciano​, Raquel Sánchez y Sara paniagua

Puedes reservar entrada de este espectáculo en http://www.teatroensalle.com/reserva.html

 Teatro Ensalle tiene canal en Youtube y página en Facebook

GUERRA REITERA O SEU COMPROMISO CON CLESA E ANUNCIA UN ENCONTROEN​TRE XUNTA, FEIRACO E ADMINISTRA​DORES CONCURSAIS PARA ACHEGAR POSTURAS

O Goberno galego mostra novamente a súa implicación coa fábrica de Caldas e os seus traballadoresO O conselleiro de Economía e Industria transmitiu esta mañá á presidenta do comité de empresa que a Xunta de Galicia reunirase nos próximos días cos potenciais compradores e cos administradores co fin de coñecer cales son as súas pretensións.  O Goberno galego está a pór todo da súa parte e reafirma a súa aposta pola oferta encabezada por Feiraco, pola súa solvencia desde o punto de vista técnico, económico e de mantemento do emprego

Comunicado de prensa da concelleir​a de Economía e Facenda

  Vigo, 7 de decembro de 2011.

Estamos de acordo coa austeridade que plantexa agora o PP, aceptámola e gustaríanos que eles mesmos a aplicasen e nos comuniquen a cantas dedicacións exclusivas van renunciar das que teñen asignadas os concelleiros do Partido Popular.

Os socialistas, gobernando esta cidade, contamos con seis dedicacións exclusivas namentres que o grupo municipal do PP, na oposición, suma catro. Supoñemos e agardamos que, en aras da austeridade que predican, soliciten rebaixalas á metade.

Desde o goberno vigués pedimos asemade que o Partido Popular aplique a receita da austeridade alí onde goberna, e que por exemplo a Deputación de Pontevedra renuncie aos seus coches oficiais e siga o criterio do Concello de Vigo, onde opera un único vehículo oficial.

A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz

– Ante as declaracións realizadas esta mañá polo grupo municipal do Partido Popular, desde o goberno de Vigo nos felicitamos porque finalmente o PP entenda a política de austeridade que vimos desenvolvendo no Concello e soliciten prolongala aos orzamentos de 2012.