Caballero anima a presenciar o Cidade de Vigo de kárate e valora as actividades deportivas de autodisciplina

O pavillón de Bouzas recibe por cuarta oportunidade nos últimos cinco anos o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, baixo a organización da Asociación Deportiva Zanshin. Será este sábado a partires das 17:00 horas cando uns 60 karatecas pelexarán dende categoría cadete a senior, pasando por xuvenil, junior e sub 21. Este ano, o torneo reúne ao club local, que presenta dous equipos, ao Bunkai Sport Ferrol e ao Club Shotokan Santander. |