A NOVA LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL PORÁ EN MARCHA MEDIDAS PARA ACADAR UNHA MAIOR INSERCIÓN LABORAL

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, mantivo hoxe un encontro coas principais entidades galegas- preto de 30- que traballan coas persoas en risco de exclusión social
  • Piñeiro destacou as tres ferramentas coas que conta a Xunta para axudar a estes colectivos: a colaboración estreita, os orzamentos e a propia normativa
  • A responsable da área autonómica sinalou que a modificación da Lei de Inclusión Social de Galicia, que estará aprobada en 2012, avoga pola coordinación entre os servizos sociais e laborais para acadar “unha verdadeira inserción laboral” das persoas máis desfavorecidas
  • O Goberno galego incrementará en 2012 as axudas para comedores sociais, albergues e casas de acollida cun incremento de 450.000 euros con respecto a 2011
  • A xuntanza mantida hoxe dá continuidade ao compromiso do Goberno galego de manter unha canle estable e aberta de comunicación e diálogo con estas entidades

Santiago, 9 de decembro de 2011.- A nova Lei de Inclusión Social de Galicia, que o Goberno galego está a modificar e que estará aprobada en 2012, terá “unha clara orientación á inserción laboral como primeiro piar para saír da situación de risco de exclusión”.

 Así o transmitiu hoxe a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, ás principais entidades de iniciativa social de Galicia nunha xuntanza que mantivo en Santiago para coñecer de primeira man as necesidades destes colectivos. O encontro, no que participaron preto de 30 asociacións, deu continuidade ao compromiso adquirido polo Goberno galego de reunirse con estas asociacións de forma periódica para manter unha canle estable e aberta de comunicación e diálogo e coñecer as súas demandas máis prioritarias neste contexto de crise económica. Piñeiro avanzou que a normativa avogará por novas fórmulas de máxima coordinación entre os servizos sociais e os servizos laborais. “Imos máis alá das rendas que garanten as condicións mínimas de supervivencia para poñer en marcha unha nova RISGA que incentive economicamente o esforzo para acceder a un emprego”. Polo tanto, resaltou que a pretensión do Goberno galego é que “exista un compromiso tanto do beneficiario como da Administración para levar a cabo un itinerario de inserción totalmente personalizado”. Ademais, permitirá compatibilizar o cobro da futura Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) co desenvolvemento de traballos esporádicos para incentivar o obxectivo último que se perseguirá con esta prestación: unha inserción laboral “real e verdadeira” das persoas máis desfavorecidas. Piñeiro indicou que son fundamentalmente tres as ferramentas que ten a súa disposición a Xunta para axudar a estas entidades: a colaboración estreita, os orzamentos e a propia normativa. Con respecto aos orzamentos, Piñeiro explicou que a Consellería de Traballo e Benestar volverá a incrementar en 2012 as axudas destinadas a estes colectivos, principalmente formados por comedores sociais albergues e casas de acollida. En concreto, a Xunta investirá preto de dous millóns de euros nesta convocatoria anual de subvencións, polo que o incremento será de 450.000 euros con respecto a 2011 

Incremento da RISGA

Así mesmo, Piñeiro apuntou que de cara ao ano que vén volverase a incrementar a RISGA, que chegará aos 25,6 millóns de euros. Polo tanto, a partida inicial aumentará en tres millóns de euros con respecto a 2011, é dicir, un 13 por cento. Recordou, ademais, que esta prestación económica é ampliable, polo que engadiu que “ningunha persoa que necesite esta axuda vai quedar sen recibila, sempre que cumpra os requisitos”. Ademais, a responsable da área autonómica recalcou que as axudas de emerxencia social aumentará en 2012 nun 3,5 por cento co que se alcanzarán os 3 millóns de euros para este fin. Por último, e con respecto aos orzamentos, lembrou que o Goberno galego tamén aumentou nos dous últimos anos- 2010 e 2011- o complemento autonómico das Pensións non Contributivas, un 3 por cento cada ano. Trátase tamén dunha partida ampliable. Por último, Piñeiro destacou que a terceira ferramenta que ten a Xunta para axudar a estes colectivos é a comunicación permanente cos colectivos para coñecer as súas necesidades máis prioritarias co obxectivo de dar resposta.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: