Feijóo destaca o labor da axencia comunitaria do control da pesca para previr e desalentar a pesca elegal, non declarada e non regulada.
– O labor deste organismo axudou a minorar o problema da competencia desleal, impulsando un regulamento para previr e eliminar a pesca ilegal, especialmente importante para Galicia e a súa flota de altura e gran altura
– O presidente da Axencia Comunitaria do Control da Pesca exponlle a Feijóo o programa de traballo para os vindeiros anos, que pasa pola coordinación operativa e polo fortalecemento das capacidades, coa asistencia aos Estados para desenvolver sistemas para compartir e recoller datos
– Feijóo e Savouret congratúlanse do acordo acadado entre a Axencia e o Servizo Galego de Saúde para que os traballadores deste organismo e as súas familias dispoñan de atención sanitaria primaria e especializada