NOVO ÉXITO DE CONVOCATORIA DOS PREMIOS EGANET 2011

192 proxectos TIC presentados por 74 empresas e entidades galegas concurren aos Premios Eganet 2011. Os finalistas daranse a coñecer a finais da semana que vén. A Gala dos Premios será o día 21 de decembro ás 12h no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de decembro do 2011.- Desde o 17 de novembro, día en que abriu o prazo, un total de 74 empresas, entidades e profesionais achegaron a través da web dos Premios 192 candidaturas para as cinco categorías a concurso, entre as que o xurado deberá elixir aos gañadores. Unha tarefa que promete ser complicada por mor da calidade e orixinalidade dos proxectos.

Tan só unhas horas despois do peche do prazo de presentación de candidaturas aos Premios Eganet 2011, as cifras de participación acadadas fan que, un ano máis, poidamos estar orgullosos de continuar levando adiante esta iniciativa, un referente consolidado no sector TIC galego que este ano celebra a súa oitava edición. Con estas últimas achegas, os Premios Eganet suman xa máis de 1.290 proxectos recibidos a través de máis de 900 entidades ao longo dos seus anos de historia, unhas cifras que avalan tanto os Premios como o traballo cotián de Eganet e a capacidade creativa e produtiva do sector TIC da nosa terra. A categoría máis concorrida foi a de Mellor Comunicación Dixital, para a que se recibiron 50 proxectos, seguida pola de Proxecto de Negocio Online, na que se recolleron 44 proxectos. Tras un labor de filtrado e votación a cargo dun Comité Avaliador Experto formado por empresas socias de Eganet, os finalistas daranse a coñecer a finais da semana que vén, sendo un xurado formado por expertos externos á asociación que terá a última palabra sobre os proxectos que finalmente levarán os cinco galardóns. 

Os nomes dos gañadores e gañadoras faranse públicos durante a Gala de Entrega dos Premios, que terá lugar o 21 de decembro ás 12:00h no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, acto para o que contaremos coa presenza de Mar Pereira, Secretaria Xeral da SXMIT; Andrés Hermida, Director Xeral de Promoción do Emprego; ou Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, entre outras autoridades e persoeiros do sector TIC e doutros sectores empresariais galegos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: