Archive | diciembre 12, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 12-12-11


O alcalde avanza que os orzamentos incluirán unha partida «maior» no 2012 para o deporte de base

O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que o deporte de base verá incrementada a súa partida nos próximos orzamentos municipais. Así o avanzou Caballero durante unha visita ao colexio público Seis do Nadal na que estivo acompañado por deportistas do Octavio, do Anfiv e do Celta Feminino.

 


Un libro recollerá as biografías das 150 persoas recoñecidas como»vigueses distinguidos»

O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que se está a elaborar un libro que reunirá as biografías das 150 persoas que desde mediados dos anos 80 teñen sido declaradas «vigueses distinguidos». Trátase, indicou, «dunha contribución a unhas persoas que fixeron moito pola cidade»

 

Concurso «Vente cos Reis Magos 2011-2012»


O obxecto deste concurso é seleccionar a corenta nenos e nenas para acompañar os Reis Magos na Cabalgata de Reis 2012.

 

Ruta «Camiño a camiño» por Matamá-Freixo o 18 de decembro

 

XI edición da campaña «De boa man»

A Concellaría de Politica de Benestar vai levar a cabo a campaña «DE BOA MAN», na súa XI edición os vindeiros días 13, 14, 15 e 16 de decembro de 2011. Asociacións de persoas con discapacidade exporán e venderán os productos realizados, nas carpas instaladas na rúa do Principe esquina con Velazquez Moreno.

 

Bando para facilitar a mobilidade no centro da cidade con gallo das festas do Nadal

Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e
vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona
urbana interior ao arco delimitado polas rúas Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:

A proposta máis persoal de Animalario chega aos escenarios galegos con Novacaixagalicia

A compañía madrileña porá en escena ‘Penumbra’ en tres cidades galegas

I   Andrés Lima dirixe a peza, escrita por Juan Mayorga e Juan Cavestany

12.12.2011. A compañía madrileña Animalario chega esta semana aos escenarios galegos para presentar a súa proposta máis intimista no marco da programación cultural de Novacaixagalicia. Trátase de ‘Penumbra’, unha obra escrita por Juan Mayorga e Juan Cavestany que dirixe Andrés Lima e que interpretan Alberto San Juan, Guillermo Toledo, Luis Bermejo e Nathalie Poza.

 A primeira función será no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo este xoves 15, ás 20.30 horas. Ao día seguinte, venres 16, á mesma hora, poderá contemplarse no Teatro Colón da Coruña. A última cita será o sábado 17, ás 19.00 horas, no Auditorio Novacaixagalicia de Santiago de Compostela.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROTEXE A SEGURIDADE DOS CONSUMIDORES INTENSIFICANDO OS CONTROIS SOBRE XOGUETES E OUTROS PRODUTOS DE CARA ÁS COMPRAS DE NADAL

Infonadal_Nava_Castro_12122011

A campaña Infonadal do Instituto Galego de Consumo (IGC) pon en marcha actuacións específicas de inspección centradas en grilandas luminosas, os xoguetes para menores de tres anos e os teledirixidos, así como nos produtos cosméticos Leer más…

COMIENZAN LOS CURSOS DE “ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS DEPENDIENTES EN INSTITUCIONES SOCIALES Y EN EL DOMICILIO” ORGANIZADOS POR LA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DEL PROYECTO AQUELANDO 2, QUE DAN ACCESO AL CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD DE FORMA DIRECTA

El próximo día 14 de diciembre darán comienzo los cursos de “Atención sociosanitaria a personas dependientes en instituciones sociales” y de “Atención sociosantiaria a personas dependientes en el domicilio” en Vigo y Pontevedra respectivamente, dentro del programa de itinerarios  formativos que configuran el “Proyecto Aquelando 2”. Leer más…

Folga Povisa

Os traballadores/as de Povisa decidiron esta tarde en asemblea continuar coa folga indefinida para reclamar a readmisión das 27 compañeiras/os da limpeza despedidas/os. Tamén acordaron trasladarlle á dirección da empresa unha nova proposta: que deixe sen efecto os despedimentos e non modifique o convenio colectivo (existe un anteproxecto que empeora notablemente as condicións laborais) e a cambio os empregados/as do centro médico vigués aceptan seguir cos seus salarios conxelados dous anos máis (2012 e 2013) e renuncian aos atrasos pendentes.

En conto á incidencia da folga, dende os representantes dos traballadores/as lamentaron que as presións exercidas pola empresa están a impedir que moita xente secunde a protesta por medo a represalias. Ao mesmo tempo, denunciaron ante a Inspección de Traballo que a dirección non fixo públicos os servizos mínimos e incluíu neles a membros do comité de empresa. O paro continuará mañá e está prevista unha nova concentración diante de Povisa entre as 10.00 e as 12.00 horas.

TRABALLO INVESTIU UN TOTAL DE 92 MILLÓNS DE EUROS EN DOUS ANOS E MEDIO PARA APOIAR A AUTÓNOMOS E EMPRENDEDO​RES

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na entrega do premio “Ideas”, que outorga a Fundación “Una Galicia Moderna” do colexio de economistas da Coruña

  • Salientou que nos orzamentos de 2012, a pesares do contexto “restritivo”, o departamento autonómico destinará 28 millóns de euros para autónomos e emprendedores, 1 millón máis que o ano anterior Leer más…

Nuevas Generaciones Vigo, acaba de iniciar, un año más, la campaña de recogida de alimentos de la campaña de navidad 2011.

Esta campaña, que tendrá como plazo máximo hasta el día 22 de Diciembre, tendrá como objetivo recoger un mínimo de 500 kg de alimentos no perecederos, por lo que aconsejamos productos como la leche o el aceite.

Una vez acabado el plazo, todos los productos y alimentos recogidos se entregarán al banco de alimentos de Vigo, que durante todo el año está sufriendo muchas dificultades para atender todas las demandas que les son solicitadas, pero más aún durante la época de Navidad, en la que es más dificil negar la ayuda al necesitado.

Por todo ello, desde Nuevas Generaciones animamos a todas aquellas personas que quieren colaborar que lo hagan depositando su aportación de alimentos en la sede del Partido Popular en Vigo ( R/Arenal nº50 Bajo). Así mismo, queremos agradecer a las empresas de alimentación Froiz y Gadis, el compromiso de colaboración que han adquirido con esta organización político juvenil y con esta causa.

PUNTUALIZA​CIÓN NOTA ASEHOSPO

Ante la polémica suscitada en las últimas horas por la publicación en el algún medio de comunicación de la información “Los hoteleros proponen cambiar el nombre a la provincia: Rías Baixas”,  la Asociación Empresarial de Hospedaje de Pontevedra (ASEHOSPO) quiere matizar lo siguiente:

1.- En ningún momento desde la asamblea de ASEHOSPO se planteó la posibilidad de SUSTITUIR EL NOMBRE DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA POR EL DE RÍAS BAIXAS, es más ni tan siquiera se citó durante la reunión a la provincia.

2.- El objetivo que persigue el sector no es otro que el de aprovechar la marca RÍAS BAIXAS    como referente para el sector turístico de TODA LA PROVINCIA.

3.- Se trata, en suma, de aprovechar las sinergias que ya existen, de manera que la DENOMINACIÓN DE ORÍGEN RÍAS BAIXAS existente para sectores como el del vino o el de la alimentación -que se relacionan siempre con calidad y buen hacer- se complemente con la denominación de DESTINO RÍAS BAIXAS, en el caso del turismo.

4.- Nadie se rasga las vestiduras a estas alturas porque la provincia de Málaga se relacione directamente con la Costa del Sol, o que el término Orly sea equiparable a París. Eso es precisamente lo que perseguimos desde ASEHOSPO que las Rías Baixas sirvan para ubicar a cualquier población, villa o pueblo de nuestra provincia, dotándolas por tanto de una marca que a nuestro entender sólo aporta beneficios para todos.

 

GALICIA ACOMPAÑARÁ AO MARM REPRESENTANDO ÁS COMUNIDADES AUTÓNOMAS NO CONSELLO DE MINISTROS DE PESCA DA UE NO QUE SE NEGOCIARÁN OS TACs E COTAS PARA 2012

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, considera pouco axeitado que o sector pague a redución do 25% da cota de determinadas especies por falla de datos científicos

§  As comunidades autónomas valoran moi positivamente a proposta feita pública pola UE de incrementar a cota do lirio ata a acadar cifras semellantes ás que había antes de que se reducira nun 93% esta cota causando graves prexuízos para a frota da Galicia durante o ano 2011

 

ANTE A PROFUNDA PREOCUPACIÓN POLOS RECORTES SOCIAIS DA XUNTA DE GALICIA O BNG DE TUI PRESENTA CINCO MOCIÓNS NO REXISTRO DO CONCELLO

O BNG ten analizado os Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012 e verificou que entre o ano 2010 e 2011 recortáronse 189 millóns de euros en Educación, 221 millóns en sanidade e 45.5 millóns de euros en materia de emprego e protección social. Se nada o impide para o ano 2012 o recorte nos orzamentos será de 12 millóns mais en Educación, 16 millóns mais en Sanidade e 23 millóns  mais en Servizos sociais. Aos recortes nos propios orzamentos xúntanse outras actuacións recentes da Xunta de Galicia que non fan mais que agravar a situación económica e social das persoas mais vulnerables como os recortes aos dereitos sanitarios dos desempregados, persoas sen recursos e estranxeiros. Ante esta situación o BNG de Tui ven de presentar no rexistro do Concello cinco mocións relativas a todos estes asuntos para solicitar do Goberno de Tui que inste a Xunta de Galicia a modificar aquelas normas e situacións que están dificultando moi seriamente a calidade de vida dos galegos e galegas en situaión de grave vulnerabilidade social.

O BNG presentou as seguintes mocións que se adxuntan:

              1.  Moción en defensa das persoas afectadas polas hipotecas (dación en pago)

              2.  Moción sobre a anulación da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas e persoas sen recursos económicos

              3.  Moción sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta de Galiza (Servicios sociais)

              4.  Moción para o control das abusivas comisións bancarias

              5.  Moción sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado