ANTE A PROFUNDA PREOCUPACIÓN POLOS RECORTES SOCIAIS DA XUNTA DE GALICIA O BNG DE TUI PRESENTA CINCO MOCIÓNS NO REXISTRO DO CONCELLO

O BNG ten analizado os Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012 e verificou que entre o ano 2010 e 2011 recortáronse 189 millóns de euros en Educación, 221 millóns en sanidade e 45.5 millóns de euros en materia de emprego e protección social. Se nada o impide para o ano 2012 o recorte nos orzamentos será de 12 millóns mais en Educación, 16 millóns mais en Sanidade e 23 millóns  mais en Servizos sociais. Aos recortes nos propios orzamentos xúntanse outras actuacións recentes da Xunta de Galicia que non fan mais que agravar a situación económica e social das persoas mais vulnerables como os recortes aos dereitos sanitarios dos desempregados, persoas sen recursos e estranxeiros. Ante esta situación o BNG de Tui ven de presentar no rexistro do Concello cinco mocións relativas a todos estes asuntos para solicitar do Goberno de Tui que inste a Xunta de Galicia a modificar aquelas normas e situacións que están dificultando moi seriamente a calidade de vida dos galegos e galegas en situaión de grave vulnerabilidade social.

O BNG presentou as seguintes mocións que se adxuntan:

              1.  Moción en defensa das persoas afectadas polas hipotecas (dación en pago)

              2.  Moción sobre a anulación da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas e persoas sen recursos económicos

              3.  Moción sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta de Galiza (Servicios sociais)

              4.  Moción para o control das abusivas comisións bancarias

              5.  Moción sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: