Folga Povisa

Os traballadores/as de Povisa decidiron esta tarde en asemblea continuar coa folga indefinida para reclamar a readmisión das 27 compañeiras/os da limpeza despedidas/os. Tamén acordaron trasladarlle á dirección da empresa unha nova proposta: que deixe sen efecto os despedimentos e non modifique o convenio colectivo (existe un anteproxecto que empeora notablemente as condicións laborais) e a cambio os empregados/as do centro médico vigués aceptan seguir cos seus salarios conxelados dous anos máis (2012 e 2013) e renuncian aos atrasos pendentes.

En conto á incidencia da folga, dende os representantes dos traballadores/as lamentaron que as presións exercidas pola empresa están a impedir que moita xente secunde a protesta por medo a represalias. Ao mesmo tempo, denunciaron ante a Inspección de Traballo que a dirección non fixo públicos os servizos mínimos e incluíu neles a membros do comité de empresa. O paro continuará mañá e está prevista unha nova concentración diante de Povisa entre as 10.00 e as 12.00 horas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: