TRABALLO INVESTIU UN TOTAL DE 92 MILLÓNS DE EUROS EN DOUS ANOS E MEDIO PARA APOIAR A AUTÓNOMOS E EMPRENDEDO​RES

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na entrega do premio “Ideas”, que outorga a Fundación “Una Galicia Moderna” do colexio de economistas da Coruña

  • Salientou que nos orzamentos de 2012, a pesares do contexto “restritivo”, o departamento autonómico destinará 28 millóns de euros para autónomos e emprendedores, 1 millón máis que o ano anterior

 A Coruña, 12 de decembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar leva investido no que vai de lexislatura –isto é, en dous anos e medio- un total de 92 millóns de euros para apoiar aos autónomos e emprendedores. Para o próximo ano 2012, os orzamentos reforzan esta aposta a pesares do contexto “restritivo”, ao aumentar ata os 28 millóns de euros o financiamento para este colectivo, o que supón 1 millón máis que o destinado o ano anterior. Así o salientou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante o acto de entrega do premio “Ideas”, que outorga a Fundación “Una Galicia Moderna” do colexio de economistas da Coruña. Na súa intervención, a titular do departamento autonómico comezou felicitando aos autores do proxecto gañador “On Touch, publicidade dixital interactiva”, así como a todos os participantes nesta convocatoria. Mato destacou que este certame ten un “valor engadido, que é o de ter contribuído a manter acesa a chama das iniciativas emprendedoras nun momento adverso”. Neste sentido, insistiu en que “son as ideas, os proxectos empresariais e os emprendedores que apostan por elas os que xeran actividade económica e emprego”.Precisamente por iso, o Goberno galego mantén unha “aposta firme e continuada” por reforzar ás empresas e emprendedores. En concreto, esta aposta reflíctese tamén nos orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar. Ademais, a conselleira lembrou que todas as iniciativas emprendedoras forman parte do “importante traballo” que se está a desenvolver no marco do diálogo social en Galicia, xunto con empresarios e sindicatos, sendo este aspecto un dos seus obxectivos prioritarios. De feito, entre os 15 acordos e preacordos acadados, recóllese o de “fomento da creación e consolidación do emprendemento”.

Por último, Mato concluíu que iniciativas como o premio “Ideas” amosan que en Galicia hai “vimbios de calidade para desenvolver unha auténtica cultura emprendedora, que será un apoio esencial para saír reforzados de cara ao futuro”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: