O BNGdenuncia asituación de abandono das instalacións de gas propano naurbanización do Castelo de Sta. Cruz
“O BNG esixe ao goberno municipal que tome as medidas oportunas para quese realice o mantenemento, conservación e vixianza destasinstalacións”
AGuarda, decembro 11.O Bloque Nacionalista Galego presentouun escrito no rexistro do concello amosando a súa preocupación poloestado de abandono das instalacións de GLP localizadas naurbanización “Castelo de Sta. Cruz”. Ditas instalacións contancon dous depósitos de preto de 100.000 kg de gas propano.
O BNGesixe ao goberno municipal que tome as medidas oportunas para que serealice o mantenemento, conservación e vixianza destas instalacións.
Segundo osnacionalistas existe un incumprimento flagrante de todo tipo demedidas de seguridade coas que deben contar este tipo deinstalacións.
Entre outrasdeficiencias, obsérvase que a rede que rodea e ailla a instalaciónestá rota permitindo o aceso aos depósitos de calquera que así odesexe. Segundo o cartel informativo que aparece na porta, deberíahaber dous extintores de 12 kg e dous de 25 kg, podendocomprobar que soamente existe un. Outra das gravesdeficiencias atopadas é o forzamento das tubarías de carga doscombustíbel co perigo que iso conleva.
Segundo o BNG,estas instalacións deberían estar limpas de maleza e arboreda dadoque constitúen un material combustíbel ante calquer tipo deincidencia. Esta limpeza debera ampliarse máis aló das propiasinstalacións, estabelecendo, así, un perímetro de seguridade queevite a presenza de calquera tipo de material combustíbel na zonatratándose de depósito de gas propano.
Para o BNG resultapreocupante a existencia un transformador de electricidade á caróndos depósitos, co cal debérase de extremar, máis se cabe, asmedidas de seguridade.
“Tendoen conta a dimensión dos depósitos de GLP, preto dos 100.000 kg depropano, como a súa localización, a carón de vivendas, entendemosque ten que existir un especial coidado tanto no seu mantenementocomo vixianza”,comenta Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
Xan Loislembra que no ano 2.006, en pleno proceso de instalación destesdepósitos de GLP, o BNG amosou a súa preocupación aos técnicosmunicipais sobre a instalación desta infraestrutura, tanto poladimensión dos depósitos como pola cercanía ás vivendas, expoñendomoitas dúbidas sobre a idoneidade do lugar onde están hoxe en díalocalizados.