O ISSGA INICIA UN ESTUDO PARA AVALIAR OS RISCOS LABORAIS DE CARÁCTER PSICOSOCIA​L EN RESIDENCIA​S DE PERSOAS MAIORES DA XUNTA

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe no cineforum ‘Margin Call. Crise financeira: leccións aprendidas… e por aprender. Os riscos psicosociais da crise’,  organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD)
  • A análise consistirá en levar a cabo enquisas entre os traballadores para despois avaliar os resultados e desenvolver desde o ISSGA labores preventivas axeitadas

 A Coruña, 12 de decembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración coa de Presidencia, vén de iniciar un estudo para avaliar os riscos psicosociais de empregados e empregadas da Administración autonómica. En concreto, estase a desenvolver a experiencia piloto en catro residencias de persoas maiores da Xunta, unha por cada provincia galega. Así o avanzou hoxe a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, no cineforum ‘Margin Call. Crise financeira: leccións aprendidas… e por aprender. Os riscos psicosociais da crise’, que organizou na Coruña a Asociación para o Progreso da Dirección (APD). A responsable do organismo autonómico especificou que o estudo comezará coa realización de enquisas entre os traballadores dos centros da Terceira Idade para despois levar a cabo unha análise dos resultados e poder, desta forma, desenvolver a avaliación piloto. Nestes momentos estanse a realizar visitas aos centros obxecto deste estudo unha vez que están constituídos os grupos de traballo que levarán a cabo esta iniciativa. Quinzá-Torroja indicou que o obxectivo desta iniciativa é abordar “de xeito práctico” o estudo dos riscos psicosociais. Ademais, o ISSGA validará os métodos e instrumentos cos que conta neste campo para definir un método para desenvolver labores de asesoramento e asistencia neste ámbito. Explicou que os riscos psicosociais son os menos considerados nas avaliacións de riscos e na planificación preventiva das empresas, en parte polos factores subxectivos que interveñen, polo que precisou que a Xunta está a traballar para mellorar este aspecto. Segundo a Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo, o 22 por cento dos traballadores europeos sofre de estrés, e entre o 50 e o 60 por cento das baixas laborais están relacionadas con el. Esta iniciativa que está desenvolvendo o ISSGA forma parte do Plan de Actividades do ISSGA 2011 e se enmarca na Estratexia de Prevención de Riscos Laborais de Galicia 2011-2014 aprobada no seo do Diálogo Social, no que participan a Xunta e os axentes sociais.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: