Archive | diciembre 14, 2011

PORRIÑO CELEBRA UN CICLO DE MÚSICA SACRA

Desde el viernes y hasta el domingo, la Iglesia de Santa Maríaacoge los conciertos de la Coral Ventosdo Val de Mos, la Orquestade Cámara Lira y la Asociación Balt_Quartetcon la soprano Silvia Pintos

  la web www.concellodoporrino.net

Protesta Maier Ferroplast​.

  Un grupo de traballadores/as da empresa Maier Ferroplast SL concentrouse onte e hoxe diante da sede da compañía no políngono porriñés da Granxa para reclamar a readmisión dun compañeiro despedido. Leer más…

NOVE ARTESÁNS GALEGOS EXPOÑEN O SEU TRABALLO EN NOVA YORK CO APOIO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño colabora na organización da exposición colectiva “Encontros” coa que se pretende promover a divulgación da arte e da cultura galega nos Estados Unidos
Na mostra,  que se celebra no Centro Español – La Nacional ata o 18 de decembro, participan Iria Rodríguez, Verónica Pérez, Nacho Porto, Cuqui Piñeiro, Rosa Méndez, Suso Dobao, Marcos Escudero, Jontxu Argibay e Eugenia Santos

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTACA O PAPEL ESTRATÉXICO DAS EMPRESAS TIC NA DINAMIZACIÓN DA INNOVACIÓN EN GALICIA

A asociación empresarial INEO outorgoulle hoxe á Consellería de Economía e Industria a distinción de socio de honra durante o II Encontro Empresarial do Sector TIC
O director xeral de I+D+i Ricardo Capilla animou ás empresas galegas a aproveitar o amplo abano de oportunidades que se abren para levar a cabo iniciativas innovadoras co respaldo das administracións públicas
O Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento contempla as TIC como un dos sectores estratéxicos para o crecemento económico do país

CCOO- UGT- CIG

Os traballadores e traballadoras do sector da sanidade privada da provincia de Pontevedra, diante da VOLTA á mesa de negociación da representación empresarial na que retiran da súa proposta a supresión da paga de vinculación que supuña unha perda media duns MIL EUROS anuais para cada traballador, presentando nova proposta na que se contempla a permanencia de esta paga así como o compromiso de mudar a actitude que posibilite chegar a acordos satisfactorios para ambas partes, quedando fixada a vindeira xuntanza para o dia 12 de xaneiro do 2012

Con esta nova actitude da parte empresarial , os traballadores decidiron suspender a xornada de folga prevista para mañá día 15 de decembro.

Polo tanto, informamos os máis de 5.000 mil traballadores/as dos hospitais, clínicas privadas, consultorios médicos, laboratorios, axuda a domicilio municipal, etc, aos que afectaba o CONVENIO DE HOSPITALIZACION E INTERNAMENTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, que estaban chamados á folga maña dia 15 de decembro dende as 24 h as 0,0 h:

QUE ESTA XORNADA DE FOLGA QUEDA DESCONVOCADA, manténdose en vigor a convocatorias de folga previstas para os días 18 e 25 de xaneiro do 2012.

Antonio Iglesias Duarte

 

Noticias Ayuntamiento de Vigo 14-12-11


Caballero participa na súa primeira Xunta de Goberno como vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias

O alcalde de Vigo e vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, viaxou a Madrid para participar este mércores na Xunta de Goberno e, posteriormente, no Consello Territorial da Federación, o primeiro encontro desde órgano reitor da FEMP que reúnese con carácter ordinario cada catro meses. Trátase da primeira reunión na que Caballero actúa como vicepresidente do organismo de representación municipal.

 

O Concello iniciará a demolición parcial do edificio «ilegal» de Churruca a mediados de xaneiro

A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou que o Concello iniciará a demolición parcial de parte do edificio ilegal de Churruca a mediados do próximo mes de xaneiro, cumprindo deste xeito un mandato xudicial. Así o indicou esta mañá, logo de que se reunira a mesa de contratación para valorar as ofertas das nove empresas que aspiran a executar a sentenza xudicial, na que o Concello actúa como responsable subsidiario.

 


Regades asegura que a nova sede electrónica do Concello aporta axilidade e transparencia

O concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este mércores a nova sede electrónica da web municipal (www.vigo.org), que aglutina e mellora o acceso á tramitación telemática do Concello e amplía o número de servizos dispoñibles, como por exemplo incluíndo o taboleiro de anuncios e edictos, ata agora só en formato físico. O edil valorou a «transparencia» que aporta o novo recurso aos expedientes municipais.

 


Chus Lago eloxia a «calidade» das obras presentadas ao certame de foto e microvídeos contra a violencia de xénero

A concelleira de Igualdade presentou este mércores o fallo do xurado ao concurso de fotografía dixital e microvídeos 25-N, en conmemoración do día contra a violencia de xénero. Lago explicou que primou na decisión a «orixinalidade» e «capacidade» de sintetizar a mesaxe contra a violencia machista nun filme de 3 minutos e nunha imaxe. Gloria Mª Fuentes obtivo o primeiro premio en fotografía e Miriam Rodríguez nos microvídeos.

 


Exposición «O Nadal na tradición» no Museo Liste

Máis de 30 obras representativas de cómo se tratou historicamente ‘O nacemento’ en países como Portugal, Alemania, Italia o Perú pódese ver no Museo Liste do 15 de decembro ó 8 de xaneiro . A exposición «O Nadal na tradición» está organizada pola Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.

APROBADA A NOVA LEI DE COOPERATIV​AS QUE REDUCIRÁ A TRES O NÚMERO MÍNIMO DE SOCIOS PARA ESTIMULAR A CREACIÓN DESTAS SOCIEDADES

  • O Parlamento aprobou hoxe a reforma da normativa coa que se dota ás cooperativas das ferramentas e métodos organizativos necesarios para mellorar a súa xestión diaria e reforzalas na súa vertente máis social
  • Con esta modificación, desde o Goberno galego estase a dar resposta á necesidade de adaptar a normativa autonómica en materia de cooperativas á realidade legal, social e económica actual Leer más…

RESTAURANT​ES DE REFERENCIA DE TODA GALICIA OFRECERÁN NOS SEUS MENÚS PRODUTOS DA MARCA PescadeRía​s GRAZAS A UNHA INICIATIVA DA CONSELLERÍ​A DO MAR

 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou hoxe o acordo de adhesión de distintos establecementos de hostalería á campaña de promoción da marca PescadeRías Preto de 40 establecementos, entre os que se atopan todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia, promoverán o consumo de produtos certificados con este selo
Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz. Segundo explicou a conselleira, os produtos certificados con este selo nos restaurantes teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade
PescadeRías tamén garante ao consumidor que foron pescados e vendidos en dentro das 24 últimas horas.

  • Preto de 40 establecementos, entre os que se atopan todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia, promoverán o consumo de produtos certificados con este selo
  • Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz
  • Segundo explicou a conselleira, os produtos certificados con este selo nos restaurantes teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade
  • PescadeRías tamén garante ao consumidor que foron pescados e vendidos en dentro das 24 últimas horas Leer más…

A XUNTA FAI POSIBLE QUE OS NENOS FERROL, PONTEAREAS​, A FOSANGRADA E FOZ FALEN CON PAPÁ NOEL A TRAVÉS DE VIDEOCONFE​RENCIA

  • A rede CeMIT dará soporte técnico ás conexións con Laponia que se realizarán mañá nestes concellos
  • Máis de 1.100 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de 24 concellos de Galicia participarán nesta actividade

 Santiago, 14 de decembro de 2012.- Durante o día de mañá, o alumnado de educación infantil dos concellos de Ferrol, Ponteareas, A Fonsagrada e Foz terán a oportunidade de facer as súas peticións navideñas directamente a Papá Noel aproveitando e utilizando as vantaxes das novas tecnoloxías.

 A rede de aulas CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) distribuídas por todas as comarcas de Galicia, ofrece o soporte técnico para realizar estas conexións con Laponia. Trátase dun proxecto impulsado pola Xunta de Galicia no que participan máis de 1.100 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de 24 concellos de toda Galicia.

 O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 5º aniversario e esperta un gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen, acurtando distancias e  facendo posible a interactuación entre diversas localidades nun mesmo proxecto común.

XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO
HORA CONCELLO COLEXIO
10,30 A FONSAGRADA CEIP Sta. María+Escola Infantil (25 nen@s de 3 a 6 anos)
11,00 PONTEAREAS CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 3 e 4 anos)
11,30 FERROL CEIP Masdías (37 nen@s de 6 e 7 anos)
12,00 PONTEAREAS CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 5,10 e 13 anos)
12,30 FOZ C.P.R. Martínez Otero (53 nen@s de 3 a 5 anos)

O pleno da Guarda aproba unha moción do BNG sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta

“A Xunta de Galiza do PP está a levar a cabo un recorte drástico e inxustificado nas partidas do Plan Concertado que chegan ata 80%”

A Guarda, 8 decembro 11. O BNG presentou unha moción sobre os recortes que están a sufrir os concellos no Plan Concertado da Xunta de Galiza. A moción foi aprobada coa abstención do Partido Popular. Leer más…