A XUNTA FAI POSIBLE QUE OS NENOS FERROL, PONTEAREAS​, A FOSANGRADA E FOZ FALEN CON PAPÁ NOEL A TRAVÉS DE VIDEOCONFE​RENCIA

  • A rede CeMIT dará soporte técnico ás conexións con Laponia que se realizarán mañá nestes concellos
  • Máis de 1.100 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de 24 concellos de Galicia participarán nesta actividade

 Santiago, 14 de decembro de 2012.- Durante o día de mañá, o alumnado de educación infantil dos concellos de Ferrol, Ponteareas, A Fonsagrada e Foz terán a oportunidade de facer as súas peticións navideñas directamente a Papá Noel aproveitando e utilizando as vantaxes das novas tecnoloxías.

 A rede de aulas CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) distribuídas por todas as comarcas de Galicia, ofrece o soporte técnico para realizar estas conexións con Laponia. Trátase dun proxecto impulsado pola Xunta de Galicia no que participan máis de 1.100 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de 24 concellos de toda Galicia.

 O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 5º aniversario e esperta un gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen, acurtando distancias e  facendo posible a interactuación entre diversas localidades nun mesmo proxecto común.

XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO
HORA CONCELLO COLEXIO
10,30 A FONSAGRADA CEIP Sta. María+Escola Infantil (25 nen@s de 3 a 6 anos)
11,00 PONTEAREAS CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 3 e 4 anos)
11,30 FERROL CEIP Masdías (37 nen@s de 6 e 7 anos)
12,00 PONTEAREAS CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 5,10 e 13 anos)
12,30 FOZ C.P.R. Martínez Otero (53 nen@s de 3 a 5 anos)

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: