Noticias Ayuntamiento de Vigo 14-12-11


Caballero participa na súa primeira Xunta de Goberno como vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias

O alcalde de Vigo e vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, viaxou a Madrid para participar este mércores na Xunta de Goberno e, posteriormente, no Consello Territorial da Federación, o primeiro encontro desde órgano reitor da FEMP que reúnese con carácter ordinario cada catro meses. Trátase da primeira reunión na que Caballero actúa como vicepresidente do organismo de representación municipal.

 

O Concello iniciará a demolición parcial do edificio “ilegal” de Churruca a mediados de xaneiro

A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou que o Concello iniciará a demolición parcial de parte do edificio ilegal de Churruca a mediados do próximo mes de xaneiro, cumprindo deste xeito un mandato xudicial. Así o indicou esta mañá, logo de que se reunira a mesa de contratación para valorar as ofertas das nove empresas que aspiran a executar a sentenza xudicial, na que o Concello actúa como responsable subsidiario.

 


Regades asegura que a nova sede electrónica do Concello aporta axilidade e transparencia

O concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este mércores a nova sede electrónica da web municipal (www.vigo.org), que aglutina e mellora o acceso á tramitación telemática do Concello e amplía o número de servizos dispoñibles, como por exemplo incluíndo o taboleiro de anuncios e edictos, ata agora só en formato físico. O edil valorou a “transparencia” que aporta o novo recurso aos expedientes municipais.

 


Chus Lago eloxia a “calidade” das obras presentadas ao certame de foto e microvídeos contra a violencia de xénero

A concelleira de Igualdade presentou este mércores o fallo do xurado ao concurso de fotografía dixital e microvídeos 25-N, en conmemoración do día contra a violencia de xénero. Lago explicou que primou na decisión a “orixinalidade” e “capacidade” de sintetizar a mesaxe contra a violencia machista nun filme de 3 minutos e nunha imaxe. Gloria Mª Fuentes obtivo o primeiro premio en fotografía e Miriam Rodríguez nos microvídeos.

 


Exposición “O Nadal na tradición” no Museo Liste

Máis de 30 obras representativas de cómo se tratou historicamente ‘O nacemento’ en países como Portugal, Alemania, Italia o Perú pódese ver no Museo Liste do 15 de decembro ó 8 de xaneiro . A exposición “O Nadal na tradición” está organizada pola Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: