O pleno da Guarda aproba unha moción do BNG sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta

“A Xunta de Galiza do PP está a levar a cabo un recorte drástico e inxustificado nas partidas do Plan Concertado que chegan ata 80%”

A Guarda, 8 decembro 11. O BNG presentou unha moción sobre os recortes que están a sufrir os concellos no Plan Concertado da Xunta de Galiza. A moción foi aprobada coa abstención do Partido Popular.

O Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a Xunta de Galiza e a Administración do estado, por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas. Así o Plan Concertado cobre os custes tan importantes como o servizo de Axuda no Fogar, persoal de servizos sociais, os gastos do mantenemento de servizos sociais comunitarios, a xestión de programas de prevención, insercción, cooperación, … así como equipamentos para servizos sociais.

A Xunta de Galiza do PP está a levar a cabo un recorte drástico e inxustificado nas partidas do Plan Concertado que chegan ata 80%, afectando directamente ao Concello da Guarda. Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias.

Este recorte obriga aos concellos a facer fronte ás necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propio o que vai afectar aos servizos sociais municipais, tendo en conta o retraso con que está a pagar a Xunta de Galiza os compromisos contraídos cos concellos.

Na moción presentada polos nacionalistas ínstase á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos  créditos eliminados para o finanzamento do Plan Conertado do ano 2011, así como a garantir nos orzamentos do ano 2.012, como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para dito plan. Tamén restabelecer e incrementar os fondos destinados aos concellos para o apoio ás familias.

“Cando diferentes colectivos están a significar e a denunciar o incremento do paro tanto na localidade como na comarca, faise difícil comprender a actitude do PP non apoiando esta moción e posicionándose a carón da Xunta, en lugar do lado de quenes están a sufrir a crise” comenta Xan Lois Lomba, portavoz municial do BNG.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: