RESTAURANT​ES DE REFERENCIA DE TODA GALICIA OFRECERÁN NOS SEUS MENÚS PRODUTOS DA MARCA PescadeRía​s GRAZAS A UNHA INICIATIVA DA CONSELLERÍ​A DO MAR

 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou hoxe o acordo de adhesión de distintos establecementos de hostalería á campaña de promoción da marca PescadeRías Preto de 40 establecementos, entre os que se atopan todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia, promoverán o consumo de produtos certificados con este selo
Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz. Segundo explicou a conselleira, os produtos certificados con este selo nos restaurantes teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade
PescadeRías tamén garante ao consumidor que foron pescados e vendidos en dentro das 24 últimas horas.

  • Preto de 40 establecementos, entre os que se atopan todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia, promoverán o consumo de produtos certificados con este selo
  • Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz
  • Segundo explicou a conselleira, os produtos certificados con este selo nos restaurantes teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade
  • PescadeRías tamén garante ao consumidor que foron pescados e vendidos en dentro das 24 últimas horas

Santiago, 14 de decembro de 2011.- A Consellería do Mar promocionará a marca PescadeRías en 36 establecementos da hostalería das catro provincias galegas, entre os que están todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia. A conselleira, Rosa Quintana, presentou hoxe en Santiago esta iniciativa que se enmarca  no convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA). Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz. A través da adscrición á marca PescadeRías, estes establecementos de referencia na hostalería de Galicia ofrecerán nas súas cartas de menú un produto diferenciado que acredite correctamente a súa orixe e calidade. Segundo explicou a conselleira, amosarán a calidade en dúas vías, xa que, por unha banda, os produtos certificados con este selo, teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade, e pola outra, esta certificación garante que o produto consumido polo cliente foi pescado e vendido dentro das 24 últimas horas. Rosa Quintana definiu PescadeRías como “sinal de diferenciación e identificación do sabor do mar de Galicia” e salientou que a partir de agora, os restaurantes únense aos outros usuarios da marca como as lonxas, os centros de expedición e depuración, as cetarias, os distribuidores e os transformadores, a través dos que se certifican un total de 97 especies de peixes, moluscos, cefalópodos, crustáceos ou algas. A conselleira valorou a importancia desta adhesión, xa que se suman sinerxías entre a restauración e a pesca e o marisqueo, difundindo así a valía de ambos sectores, que contan  “con experiencia acumulada durante séculos”. Ademais, Rosa Quintana engadiu que PescadeRías reforzará a súa imaxe nos restaurantes a través da presenza de material promocional, que consistirá en 4.000 folletos e 10.000 etiquetas identificativas para as cartas.

O selo PescadeRías e os restaurantes

O selo Pescaderías é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta que acredita que os produtos da pesca e do marisqueo están convenientemente identificados, teñen un alto nivel de frescura e se comercializan por empresas situadas en Galicia, que cumpren determinados requisitos de calidade, ademais dos esixidos pola lexislación no ámbito da seguridade alimentaria e do respecto do medio ambiente. Para a promoción desta marca nos restaurantes, os establecementos deben cumprir unha serie de requisitos como identificar e destacar os pratos elaborados con produtos PescadeRías, garantir as condicións de hixiene e calidade do produto e dispór da información axeitada para garantir a trazabilidade de cada produto, como orixe, data de entrada, cantidade, lote e data de procesado. A certificación do restaurante terá unha validez de 3 anos e o seu custe neste ano é gratuíto, xa que se financia a través do convenio subscrito con CEHOSGA.

En canto ao produto certificado con este selo, cabe destacar que a cifra se incrementou significativamente, pasando de 600 toneladas certificadas no primeiro semestre do ano 2009 a máis de 1.500 toneladas no mesmo período de 2011.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: