Archive | diciembre 15, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 15-12-11


O alcalde anuncia a construción dunha urbanización no Calvario que mellorará a conectividade entre San Roque e Ruiseñor

Abel Caballero visitou este xoves os traballos previos á humanización e urbanización dunha parcela do Calvario entre San Roque e Ruiseñor, unha obra que executará o Concello creando 150 vivendas a abrindo un vial rodado entre as dúas rúas e unha zona peonil, de 6.000 metros cadrados. O investimento ascende a 4,2 millóns de euros, sufragados pola propiedade, e o alcalde estimou o remate dos traballos no comezo do ano 2013.

 


O alcalde insta aos alumnos que participaron no Pleno Infantil aportar «periodicamente» a súas propostas para dirixir a cidade

Abel Caballero solicitou na mañá de hoxe xoves aos alumnos de 6º de primaria que participaron no Pleno Infantil que de «xeito periódico», incluso cada tres meses, faciliten ao Pleno do Concello as súas propostas para dirixir a cidade aos efectos de que os grupos as poidan ter en conta. Logo de darlle a benvida en nome de toda a Corporación aos 90 alumnos, o rexedor desexoulles «un bo e fructífero» debate sobre propostas para saír da crise.

 


O rexedor encarga á Sociedade Filarmónica que atenda as demandas de música clásica e lírica da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe xoves unha reunión co presidente da Sociedade Filarmónica de Vigo, Avelino Sanluis, na que o rexedor se comprometeu a asinar un convenio de colaboración cunha «organización de desenvolvemento cultural moi arraigada en Vigo».

 


Abel Caballero participa na campaña de UNIFEC e Fátima contra a desnutrición infantil

O alcalde de Vigo acudíu na mañá deste xoves ao Hospital de Fátima para sumarse á campaña «Dona un Día» de UNICEF-España en defensa da infancia. Cada persoa que ofreza hoxe a súa solidariedade coa organización contra a desnutrición infantil nas mesas instaladas no hospital poderá facerse un recoñecemento da súa presión arterial, da frecuencia cardíaca e da saturación de osíxeno en sangue por parte do persoal asistencial do centro sanitario.

 


Chus Lago presenta o I Roteiro en Feminino «Sons de Mulleres»

A concelleira de Igualdade, Chus Lago, presentou esta mañá en rolda de prensa o I Roteiro en Feminino «Sons de Mulleres» que se desenvolverá o vindeiro sábado 17 de decembro, co que se pretende por en valor a valentía das mulleres que cada día , e cada minuto fan do seu labor unha achega ao desenvolvemento social, económico e cultural da cidade de Vigo.A concelleira estivo acompañada por Luisa Ocampo de Mulheres Nacionalistas Galegas e María Casar coordinadora do roteiro

 


Show circense Galtük, dende o venres en Samil

A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato «Galtük». Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a «Galtuk», con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

LUCÍA MOLARES ESPERA QUE O FORO DE EMPREGOINSERE 3.0 DE MOS SEXA UNHA “XORNADA PRODUTIVA” PARA OS MÁIS DE 400 PARTICIPANTES

A delegada territorial da Xunta en Vigo considerou que as persoas inscritas nesta iniciativa teñen as tres condicións básicas para poder saír da súa situación de desemprego: esperanza, ilusión e esforzo.

  • Molares esperou que esta xornada de traballo sexa unha boa ferramenta para conciliar a oferta e a demanda entre empresas e traballadores en paro.
  • A delegada do Goberno galego inaugurou esta mañá a iniciativa “Insere 3.0. Emprendemento e emprego activo”, foro que forma parte do Plan Integral Insere 2.0 que conta cunha subvención de 120.000 euros procedente da Xunta. Leer más…

Este fin de semana la Fundación Barrié invita en Vigo a niños y mayores a participar en los talleres didácticospara familias

En torno a la exposición Type in Motion previa inscripciónmañana, viernes 16 de diciembre, y descubrir las tendencias más destacadasen el ámbito en movimiento
Las actividades  didácticas,todas gratuitas, se desarrollan desde esta semana y hasta el mes de marzoe incluyen talleres didácticos para familias en fines de semana alternos,actividades para centros de enseñanza y adultos, campamentos de Navidad,visitas guiadas y un “workshop” para profesionales.
Las actividades, todas gratuitas,han de reservarse previamente bien presencialmente (Policarpo Sanz, 31)o en el teléfono 986 110 220 060 095. Más información en www.fundacionbarrie.org
La exposición “Type in Motion”,del Museo de Diseño de Zurich, muestra una selección de vídeos musicales,películas publicitarias, cortometrajes, trailers, tablones de anuncioselectrónicos y fachadas mediales, postales digitales y logotipos de todoel planeta que nos introducen en un mundo de texto en movimiento, y descubrenlas tendencias más destacadas en este ámbito.

Movevigo na rúa polo Nadal

  • A rondalla de Beade estará o domingo en Castrelos e Grupo de Gaitas no Casco Vello o sábado pola mañá na Travesía de Vigo . Leer más…

Asemblea da FAVEC sobre relacións co Concello.

As asociacións federadas acordaron onte unha serie de accións reivindicativas e non descartan mobilizacións para facer fronte ao que consideran “unha das maiores agresións da historia contra o movemento veciñal”. Leer más…

TELEFÓNICA ACOGE EN SU SEDE DE MADRID A LOS PRINCIPALES EXPERTOS EN REDES MÓVILES DEL MUNDO

Celebra el congreso “2021 Networking Summit” con el fin de crear debate y compartir ideas sobre las comunicaciones móviles del futuro.-Madrid, 15 de diciembre de 2011. – Telefónica celebra hoy en Madrid la primera jornada del evento “2021 Networking Summit”, uno de los foros de redes móviles más relevantes del sector y en el que algunos de los mayores expertos del mundo debatirán, desde una perspectiva eminentemente tecnológica, los principales retos que se plantean en la industria de las comunicaciones móviles a largo plazo. Leer más…

EL GRUPO MUNICIPAL DEL PP DEMANDA QUE EL ALCALDE DE VIGO SALDE SU DEUDACON LA COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA HAITÍ

 El alcalde de Vigo acumula desde hace dos años una deudade 54.000 euros con el Fondo de cooperación y solidaridad internacional

·       Vigo es la única delas grandes ciudades que a fecha de hoy no ha abonado el dinero comprometido parala reconstrucción de un país destrozado tras el terremoto sufrido el pasado año

·       La concejal, Teresa Cendón, pide al alcalde que cumpla elcompromiso adquirido por los concellos gallegos con el pueblo de Haití

Á BEIRA DE BEIRAS. Homenaxe a Xosé Manuel Beiras en Santiago o próximo sábado, día 17

 Homenaxe a Xosé Manuel Beiras en Santiago o próximo sábado, día 17

Músicos, poetas, xornalistas e editores participarán no evento.-Arredor dun millar de persoas calculan os organizadores que participarán na Homenaxe Nacional a Xosé Manuel Beiras, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde se celebrará o evento ás 12,30 horas do próximo sábado, día 17 de decembro. A entrada ao acto do Auditorio é libre, aínda que a continuación se celebrará un Xantar de Amizade nas propias dependencias do auditorio no que participarán 250 persoas, que xa cubriron totalmente a inscrición. Leer más…

OS GARDACOSTAS INCAUTÁRONSE DE MÁIS DE 900 ARTES E COMISARON MÁIS DE 800 QUILOS DE VARIAS ESPECIES EN DIVERSOS OPERATIVOS CONTRA O FURTIVISMO NA ÚLTIMA SEMANA

Na ría do Burgo, os gardacostas en colaboración coa Policía Autonómica, identificaron a 4 furtivos e requisaron 18 artes, 100 quilos de ameixa e 50 quilos de berberecho
Na Costa da Morte cabe salientar as inspeccións realizadas o sábado en Camariñas, onde os Gardacostas se incautaron de 193 cacharros de polbo e de 131 nasas de madeira, que estaban sen identificar, e comisaron 34 quilos de polbo
No Grove os axentes requisaron 175 nasas de nécora e 20 pezas de raeiras por estar sen identificar e comisaron 55 quilos de marisco

OURENSE. XORNADA TÉCNICA IGAPE SOBRE INCENTIVOS E AXUDAS Á INNOVACIÓN DAS PEMES

 Os incentivos e axudas á innovación aos que poden acceder as pemes será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 19 de decembro, a partir das 10,30 horas, na Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. Ademais dos especiais apoios para os investimentos disponibles no marco do Plan Impulsa, neste encontro haberá relatorios sobre capital risco como instrumento de financiamento complementariao ou alternativo, sobre o financiamento de proxectos de I+D+i -no marco do novo programa Feder-Interconecta- ou o avance do novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012. Aínda existe a posibilidade de inscribirse chamando ao teléfono  902 300 903, ou ben directamente no seguinte enlace:

Programa e inscricións
www.igape.es