Asemblea da FAVEC sobre relacións co Concello.

As asociacións federadas acordaron onte unha serie de accións reivindicativas e non descartan mobilizacións para facer fronte ao que consideran “unha das maiores agresións da historia contra o movemento veciñal”.Onte á tarde celebrouse unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Veciñal. A xuntanza, que contou cunha nutrida asistencia de representantes das asociacións federadas, estivo centrada en avaliar a situación das relacións do Concello de Vigo co conxunto do movemento veciñal e nomeadamente coa propia FAVEC, case un mes despois de ter entregado no rexistro municipal unha proposta de convenio que fica sen resposta. Durante algo máis de dúas horas as e os directivos veciñais debateron, nun clima de manifesta unidade, a respecto do trato que a federación está a recibir do goberno municipal. A conclusión practicamente unánime foi a de considerar os ataques recibidos por parte do goberno como unha deliberada campaña política contra do movemento veciñal. Foron numerosas as intervencións que nese sentido denunciaron que feitos como as graves descualificacións verquidas polo Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hectos, constitúen unha gravísima afrenta á independencia do propio movemento veciñal que é preciso contestar con firmeza. En relación ás causas que provocaron esta situación de nula interlocución co Concello a asemblea considerou que se trata dunha decisión unilteral do goberno municipal, en represalia ás posicións que a FAVEC manifestou en relación a asuntos como as taxas municipais ou o trasvase do Río Verdugo. “O Alcalde non quere asinar o convenio de colaboración coa Federación, e deste xeito tentar afogarnos economicamente, porque a Comisión Permanente non cedimos ás presións e ameazas que nos fixeron para que modificaramos as posicións da Federación” denunciaron desde a dirección da federación.

NON NOS VAN DOBRAR”

 Unha das expresións máis repetidas durante a asemblea foi afirmación de que malia as presións recibidas, o movemento veciñal non está en venda e non se vai someter aos dictados de ningún grupo político. “Estamos aquí para dar voz á veciñanza, para defender os intereses da xente dos barrios e das parroquias, e mal que lles pese seguiremos a facelo. Non nos van dobrar” advirten.

Sigue na seguinte páxina –>

PLANTAR CARA AO CONCELLO

Resultado do debate a asemblea decidiu dar un paso adiante para plantar cara ao Concello. Nese senso acordaronse, sen ningún voto en contra, diferentes accións reivindicativas que se irán desenvolvendo nos vindeiros días, co obxecto de forzar unha rectificación do goberno e garantir a sinatura dun convenio de colaboración. Entre as accións inclúese unha comparecencia pública de todas as asociacións federadas, que terá lugar a semana próxima. Así mesmo a Federación Veciñal solicitará hoxe mesmo intervir no vindeiro pleno municipal para tentar desbloquear a actual situación.

Está previsto tamén que a Comisión Permanente, por iniciativa desta e co acordo da asemblea, convoque a todos os ex-presidentes e ex-presidenta da FAVEC para celebrar un encontro no que valorar esta situación. “Estamos perante unha das maiores agresións da historia contra o movemento veciñal e a única garantía de éxito é responder con firmeza desde a completa unidade, por iso queremos contar con todas e con todos superando diferenzas. O importante é o movemento veciñal e a súa independencia” argumentan para explicar esta convocatoria.

RESPALDO Á ASOCIACIÓN VECIÑAL DE TEIS

Por outra banda a asemblea federativa manifestou o seu respaldo e apoio solidario coa asociación veciñal de Teis perante a decisión de retirarlle a xestión do Centro Cívico daquel barrio, en clara represalia pola actitude crítica e reivindicativa desa asociación. Varias asociacións coincidiron en valorar como “experiencia exemplar” a xestión dun servizo municipal por un colectivo veciñal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: