LUCÍA MOLARES ESPERA QUE O FORO DE EMPREGOINSERE 3.0 DE MOS SEXA UNHA “XORNADA PRODUTIVA” PARA OS MÁIS DE 400 PARTICIPANTES

A delegada territorial da Xunta en Vigo considerou que as persoas inscritas nesta iniciativa teñen as tres condicións básicas para poder saír da súa situación de desemprego: esperanza, ilusión e esforzo.

  • Molares esperou que esta xornada de traballo sexa unha boa ferramenta para conciliar a oferta e a demanda entre empresas e traballadores en paro.
  • A delegada do Goberno galego inaugurou esta mañá a iniciativa “Insere 3.0. Emprendemento e emprego activo”, foro que forma parte do Plan Integral Insere 2.0 que conta cunha subvención de 120.000 euros procedente da Xunta.

Vigo, 15 de decembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, inaugurou esta mañá en Mos o I Foro de Emprego “Insere 3.0. Emprendemento e emprego activo” que se levará a cabo durante toda a xornada de hoxe no Multiusos de Mos. Acompañada polo tenente de alcalde de Mos, Oscar Soto; a deputada provincial, Marta Iglesias; o presidente da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, José Mañas; e o representante de NGB, José Manuel Fernández; a delegada territorial da Xunta esperou que esta xornada de traballo “sexa produtiva” para as máis de 400 persoas en situación de desemprego que participan na mesma. Na súa intervención, Molares sinalou que todos os participantes son os “verdadeiros protagonistas” desta iniciativa que, segundo considerou, supón unha iniciativa “agridulce”. E explicou que “agria” porque en tan só 10 días, máis de 400 persoas acudiron a esta convocatoria pero “doce” porque, segundo matizou, “supón que todas elas teñen as tres condicións básicas para poder saír da súa situación de desemprego: esperanza, ilusión e esforzo”, dixo. Así, explicou que foros coma este, que forma parte do Plan Integral Insere 2.0 que conta cunha subvención de 120.000 euros procedente da Xunta, son unha boa ferramenta para constatar e conciliar a oferta e a demanda entre empresas e traballadores en paro que existe no momento actual. “Nestes anos cambiaron as necesidades do mercado laboral e temos que adaptarnos ao que se necesita, buscar o que precisan as empresas e formarse rapidamente para que as persoas desempregadas poidan acceder a esas novas propostas empresariais”, enfatizou. Neste senso, resaltou o feito de activar e mellorar a Formación Profesional para que “os nosos xóvenes sexan máis competitivos” a nivel nacional e internacional ademais de insistir no feito de que as persoas en situación de desemprego deben adaptar a súa formación “ás actuais expectativas e ao que neste momento buscan e precisan as empresas”. “Temos que buscar onde existen esas iniciativas, formarse e mellorar a empregabilidade para conseguir un emprego”, engadiu a delegada, quen por último avogou polo “esforzo e traballo conxunto” entre empresas, administracións públicas e asociacións empresariais e sociais para saír desta “difícil situación”. “Hai alternativas, posibilidades e xuntos podemos saír cos esforzos necesarios”, concluíu.

Accións do Foro

O I Foro de Emprego Insere 3.0 está organizado conxuntamente polo Concello de Mos, AEMOS, a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e a Asociación de Empresarios As Gándaras Porriño Entre outros servizos e actividades, ofrecerá o día 15 de decembro no Multiusos ós seus visitantes stands ou “rincóns” para levar a cabo reunións formais e informais entre traballadores en situación de desemprego, traballadores en activo con inquietudes laborais, técnicos de organizacións empresariais, directores de Recursos Humanos e profesionais vinculados á intermediación laboral e ao asesoramento para o emprego.

Os obxectivos deste Foro de Emprego son que este se convirta nun espacio de debate múltiple e aberto coa participación de empresas, axentes e organismos implicados no emprego no que poder levar a cabo debates, análise e entrevistas sobre diversos aspectos do emprego dende perspectivas variadas, así coma coloquios sobre asuntos concretos e útiles, en tempos medidos, para permitir a participación dos diferentes actores. Outros dos obxectivos do Foro Insere 3.0 son aportar novas ferramentas para a busca activa de emprego, construir, dende a experiencia e o apoio, unha mellor inserción laboral, e buscar o poio institucional á inserción laboral e á interacción entre os diversos interlocutores.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: