Noticias Ayuntamiento de Vigo 15-12-11


O alcalde anuncia a construción dunha urbanización no Calvario que mellorará a conectividade entre San Roque e Ruiseñor

Abel Caballero visitou este xoves os traballos previos á humanización e urbanización dunha parcela do Calvario entre San Roque e Ruiseñor, unha obra que executará o Concello creando 150 vivendas a abrindo un vial rodado entre as dúas rúas e unha zona peonil, de 6.000 metros cadrados. O investimento ascende a 4,2 millóns de euros, sufragados pola propiedade, e o alcalde estimou o remate dos traballos no comezo do ano 2013.

 


O alcalde insta aos alumnos que participaron no Pleno Infantil aportar “periodicamente” a súas propostas para dirixir a cidade

Abel Caballero solicitou na mañá de hoxe xoves aos alumnos de 6º de primaria que participaron no Pleno Infantil que de “xeito periódico”, incluso cada tres meses, faciliten ao Pleno do Concello as súas propostas para dirixir a cidade aos efectos de que os grupos as poidan ter en conta. Logo de darlle a benvida en nome de toda a Corporación aos 90 alumnos, o rexedor desexoulles “un bo e fructífero” debate sobre propostas para saír da crise.

 


O rexedor encarga á Sociedade Filarmónica que atenda as demandas de música clásica e lírica da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe xoves unha reunión co presidente da Sociedade Filarmónica de Vigo, Avelino Sanluis, na que o rexedor se comprometeu a asinar un convenio de colaboración cunha “organización de desenvolvemento cultural moi arraigada en Vigo”.

 


Abel Caballero participa na campaña de UNIFEC e Fátima contra a desnutrición infantil

O alcalde de Vigo acudíu na mañá deste xoves ao Hospital de Fátima para sumarse á campaña “Dona un Día” de UNICEF-España en defensa da infancia. Cada persoa que ofreza hoxe a súa solidariedade coa organización contra a desnutrición infantil nas mesas instaladas no hospital poderá facerse un recoñecemento da súa presión arterial, da frecuencia cardíaca e da saturación de osíxeno en sangue por parte do persoal asistencial do centro sanitario.

 


Chus Lago presenta o I Roteiro en Feminino “Sons de Mulleres”

A concelleira de Igualdade, Chus Lago, presentou esta mañá en rolda de prensa o I Roteiro en Feminino “Sons de Mulleres” que se desenvolverá o vindeiro sábado 17 de decembro, co que se pretende por en valor a valentía das mulleres que cada día , e cada minuto fan do seu labor unha achega ao desenvolvemento social, económico e cultural da cidade de Vigo.A concelleira estivo acompañada por Luisa Ocampo de Mulheres Nacionalistas Galegas e María Casar coordinadora do roteiro

 


Show circense Galtük, dende o venres en Samil

A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato “Galtük”. Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a “Galtuk”, con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: