ACLARACIÓN ÁS INFORMACIÓN FALSA DADA HOXE POLO ALCALDE ENCOL DA FINANCIACIÓN DA FAVEC

Segundo se reproduce nunha nova no xornal dixital do portal institucional do Concello (http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=16002), o Alcalde afirmou literalmente que “(…) a Favec recibiu hoxe 12.000 euros, co que no que vai de ano a Federación xa suma os 90.000 mil euros en aportacións municipais”.

Perante esta declaración que se volve reiterar nas falsidades sostidas días atrás polo Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hector, a Comisión Permanente da Federación Veciñal de Vigo quere transmitir publicamente a seguinte valoración:

           1.- A FAVEC non ten constancia algunha de que se teña realizado ningún pagamento            no día de hoxe ao seu favor por parte do Concello de Vigo.

 2.- Tampouco temos constancia algunha de que se resolvese adxudicar ningunha subvención polo referido importe de 12.000€.

 3.- As únicas subvencións das que temos resolución son as da Concellería de Cultura, que adxudicou escasos 900€ fronte aos 3.700€ solicitados (achega que pola súa escaseza non permite a execución do proxecto presentado), e a da Concellaría de Benestar Social que desestimou a solicitude da FAVEC.

 4.- Reiteramos que as únicas axudas económicas recibidas durante o presente ano 2011 foron 17.990€ pola realización dunha campaña a cargo da Concellería de Participación Cidadá e de 20.000€ da Concellaría de Igualdade pola realización das Xornadas Veciñais de Muller do ano 2010, tal e como acreditamos mediante as cartas de pago emitidas pola propia Tesourería Municipal e que foron remitidas aos medios de comunicación. Así mesmo hai poucos días o Concello xirou á Federación a cantidade de 6.000€ como aprovisionamento do convenio asinado para a realización das Xornadas Veciñais de Muller deste ano (celebradas en novembro) e para a posta en marcha dun programa formativo en materia de igualdade (actualmente en execución). A suma destas cantidades é de 43.990€, menos da metade dos falsos 90.000€ aos que fixo referencia o rexedor.

 5.- En relación ás achegas referidas no punto anterior é preciso indicar que todas teñen por obxecto a execución de actividades ou proxectos concretos. Isto é, que esas subvencións non están destinadas a financiar os gastos de estrutura (persoal técnico, servizos profesionais, gasto corrente…) nos que incorre a propia Federación para poder desenvolver esas actividades. É precisamente para facer fronte a eses gastos estruturais polo que se lle solicita ao Concello a sinatura dun convenio de colaboración sen o que non será posíbel a continuidade da actividade que presta a Federación Veciñal.

SIGUE NA PÁX. SEGUINTE ->>>

6.- En base a todo o anterior instamos á rectificación urxente das declaracións de Abel Caballero, ao tempo que reiteramos o noso chamamento ao Alcalde para que atenda a solicitude de xuntanza -cursada o 18 de xullo e que non foi inda respostada- para reestablecer o diálogo co movemento veciñal que representa a Federación Veciñal.

7.- Por último urximos ao Goberno Municipal a dar cumprimento aos acordos plenarios que o instan á subscrición dun convenio de colaboración coa FAVEC para o vindeiro ano.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: