MARCO: obradoiro Imán-Cedro (últimas prazas dispoñible​s)

DATA Martes 20 de       decembro

 LUGAR MARCO, salas de exposición e sala perimetral 1º andar

 HORARIO De 18.00 a 20.00

 Obradoiro impartido por persoal da Unidade Asistencial de   Drogodependencias do Concello de Vigo. Programa Grupo de Autoaxuda IMÁN       CEDRO Dentro das actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, o martes 20 de decembro terá lugar nas instalacións do MARCO o obradoiro titulado ‘Introducción ao counselling no VIH/SIDA’, impartido por Marimar Revuelta (axente de saúde en VIH/SIDA do Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO) e Antón Bouzas (educador social, coordinador do Grupo IMÁN CEDRO e terapeuta na Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo).

O obradoiro está estruturado en dous bloques:

Unha primeira parte a modo de introdución na que se tratan os seguintes aspectos:

·          Habilidades de prevención no VIH/SIDA

·          Coñecementos básicos e aptitudes

·          Diagnóstico precoz

Unha segunda parte na que se desenvolven de xeito práctico os contidos a traballar:

·          Afrontamento emocional a través do counselling (Fábula do campesiño e o ecoloxista), a resiliencia e o empoderamento

·          Xogo cooperativo sobre a perda

 A todos os participantes no obradoiro se lles entregarán as ‘Bolsas que cotizan en saúde’, que conteñen material elaborado polo propio grupo, con folletos, preservativos, xogos e documentación cuxo fin é contribuír a unha mellor información, sensibilización e prevención.

Información xeral

·          Destinatarios: o obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada, a partir dos 18 anos de idade.

·          GRATUÍTO, previa inscrición

·          Máximo participantes: 20 persoas (coa posibilidade de organizar máis grupos noutras datas, en función da demanda de inscricións)

·          Información e inscricións:

·          MARCO, Dpto. Comunicación

·          Tel. 986 113900 / 113903

·          pilar.souto@marcovigo.com

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: