Obradoiros Nadal-Muse​o del Mar de Galicia – Vigo

Estes obradoiros desenvolveranse durante o período das vacacións de Nadal. A actividade terá unha parte práctica que estará sustentada sobre unha base teórica. Isto permite que a actividade teña un compoñente lúdico propio do período vacacional e que ademais supoña unha experiencia enriquecedora para os participantes, achegándose durante a actividade ao contido dos dous centros.

MUSEO DO MAR

Destinatarios: Nenos e nenas de 5 a 12 anos. Dous grupos de idades; 5 a 8 anos e 9 a 12 anos.

Datas:  Desenvolveranse os días 22, 23, 27, 28, 9, e 30 de decembro de 2011 e 3, 4, e 5 de xaneiro de 2012.

Horario: .-De 11.00h a 13.30h. establecendo a media mañá un tempo para a merenda que os rapaces traerán da casa.

Inscrición:

A oferta dos obradoiros é diaria, de tal xeito que se pode elixir asistir un solo día ou varios. Para inscribirse haberá que encher o formulario da web ou chamar ao teléfono 986247691.

Tarifas:  0.50 € para socios de A Babor Club 1.50€ para non socios.

Desenvolvemento da actividade:

As actividades propostas para os obradoiros de Nadal 2011 no Museo do Mar de Galicia están deseñadas para que os rapaces visiten todo o espazo do museo (exposición permanente, exposición temporal, Castro da Punta do Muiño de Vento e gabinete de curiosidades) e para que este sexa o eixo central da actividade.

ACTIVIDADE 1- CARTAS DE PUNTO MAIOR.

 

A COSTA GALEGA NO ARQUIVO PACHECO

Base teórica: Visita á exposición “Cartas de Punto Maior” na que se incluirá un xogo de busca de fotografías que permitirá que os rapaces recorran a exposición coñecendo a obra de Pacheco dun xeito lúdico. Actividades prácticas:

1. Disfrazámosnos como na fotografía

2. Pisapapeis de Pacheco

3. Postal de Nadal de Pacheco

ACTIVIDADE 2- GABINETE DE CURIOSIDADES CIENTÍFICAS Base teórica

: Os rapaces aprenderán coñecerán os gabinetes de curiosidades como precedente dos Museos. Apoiándonos no recentemente inaugurado gabinete e na sala de oceanografía da colección permanente, falaremos dos peixes abisais. Esta parte teórica complementarase coa proxección de diferentes audiovisuais nos que poderán ver peixes con bioluminiscencia. Actividade práctica

: Os rapaces construirán un bote, similar aos do gabinete onde poderán meter o que eles exhibirían nun gabinete de curiosidades. Este bote farémolo a modo de bola de Nadal.

ACTIVIDADE 3 – PRODUTOS PROCEDENTES DO MAR. CONSUMO RESPONSABLE E PESCA SOSTIBLE Base teórica

: A serie de pistas diferentes animais e metelos na súa patela para logo acabar todos na sala de poxas da lonxa onde se procederá á poxa de peixe.ACTIVIDADE 4- NADAL NO CASTRO DO MdoM. Base teórica

: Apoiándonos no xacemento “Castro da Punta do Muíño de Vento” explicaráselle aos rapaces a forma de vida no Castrexo. Falarase como xa desde a Prehistoria se celebraban festas que coincidían con estas datas. Na Europa Indoeuropea o que se celebraba nestas datas era o Solsticio de Inverno, o momento no que o Sol está mais baixo, o día e o mais curto e trátase da data a partir da cal o días volven a crecer. Isto mirábano coma unha 

poiándonos na exposición permanente e en concreto nos bloques de extracción, conservación e comercialización falarémoslle aos rapaces da pesca sostible e do consumo responsable. Actividade práctica:

1. A cesta da compra no Nadal. Xogo por equipos a modo de xincana. Seguindo pistas e probas irán conformando o que sería unha cesta propia destas festas de Nadal. A competición gañará o equipo que demostre máis axilidade e coñecementos sobre os produtos que podemos extraer do mar.

2.A venda de peixe na lonxa. Cada equipo terá que atopar a través dunha serie de pistas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: