A FEIRA OFEITOAMÁN PRESENTA EN VIGO UNHA SELECCIÓN DE ARTESANÍA GALEGA CO RESPALDO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta mañá no acto de inauguración desta mostra, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns
  • Castro salientou que “este tipo de eventos contribúen a concienciar a sociedade do valor do feito á man ao tempo que dinamizan a actividade comercial das localidades nas que se celebran”
  • Na feira que se celebra ata o 5 de xaneiro, participan preto de 30 obradoiros artesáns especializados en actividades como a xoiería, a cerámica, os xoguetes, o téxtil ou o coiro

 Vigo, 17 de decembro de 2011.- A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participaron esta mañá en Vigo no acto de inauguración da feira de venda directa de artesanía Ofeitoamán, organizada pola Asociación Galega de Artesáns co respaldo da Consellería. Nesta mostra, considerada como o encontro de artesáns máis relevante do Nadal galego, participan ata o 5 de xaneiro preto de 30 obradoiros artesáns especializados en actividades como a xoiería, a cerámica, os xoguetes, o téxtil ou o coiro. Co apoio a este tipo de iniciativas a Consellería de Economía e Industria reforza o seu compromiso co impulso á exhibición e á comercialización do produto artesán que se está a realizar hoxe en día en Galicia, así como coa consolidación de Artesanía de Galicia como marca de calidade e prestixio. Segundo a directora xeral de Comercio, Nava Castro, “este tipo de eventos funcionan como unha excelente canle de distribución da artesanía, contribúen a concienciar a sociedade do valor do feito á man, e dinamizan a actividade comercial das localidades nas que se celebran, ao tempo que funcionan como un atractivo turístico máis dentro da programación do Nadal”. Ofeitoamán está considerada unha das feiras máis relevantes das que se celebran ao longo do ano en Galicia, tanto en número de expositores como en afluencia de público e vendas, así como a máis importantes das que se celebran no inverno, polo que se está a consolidar como un encontro de referencia da artesanía galega e unha cita imprescindible para o Nadal de Vigo e da súa comarca. A feira, que se celebra do 17 de decembro ao 5 de xaneiro, cambia de localización este ano e estará aberta ao público na terraza exterior do Centro Comercial A Laxe, na zona da Estación Marítima, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro que pechará ás 19:00 horas. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a feira estará pechada. O Centro dispón de aparcamento gratuíto durante a primeira hora. Baixo o lema “Regalos auténticos”, Ofeitoamán constitúe un amplo escaparate da artesanía contemporánea galega e unha atractiva proposta para todos aqueles interesados en agasallar este Nadal pezas únicas e con valor engadido. Como en anos anteriores, a feira conta cunha oferta heteroxénea de produtos que comparten a garantía da elaboración artesanal, coidada e personalizada, así como, na maioría dos casos, coa distinción da marca Artesanía de Galicia, posto que a maior parte dos expositores que participan na edición deste ano de Ofeitoamán son artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Os visitantes que se acheguen ata a feira poderán entrar en contacto directo cos propios creadores das pezas, que están especializados nunha grande variedade de oficios artesanais: coiro, téxtil, xoguetes, xoiería ou cerámica.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: