SEIS CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER DA ÁREA DE VIGO ESTRENAN UN SERVIZO DE TELETRADUCCIÓN A 51 IDIOMAS

  Ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellorará a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero extranxeiras

  • Entre as súas vantaxes, facilita unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por situacións de violencia

 Vigo, 16 de decembro de 2011.-  Os Centros de Información á Muller de Vigo, Redondela, Soutomaior, Porriño, Gondomar e Moaña van incorporar un novidoso servizo de teletraducción a 51 idiomas, ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade. O servizo entrará en funcionamento a vindeira semana, ao abeiro do convenio de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos, asinado esta mañá nun acto celebrado na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, ao que asistiron a titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; a delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, e os representantes municipais de Porriño, Moaña, Soutomaior, Gondomar e Redondela.

 Tras acreditar a utilidade da teletraducción aplicada ao Teléfono de Información á Muller, Igualdade decidíu facela extensiva á rede de CIMs de Galicia, ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido, ás que se comunicou o pasado mes de setembro a posibilidade de adherirse sen coste algún. En resposta a ese ofrecemento, doce CIMs da provincia de Pontevedra manifestaron o seu interese en adherirse ao servizo, que supón un avance cualitativo en resposta á diversidade poboacional consecuencia da inmigración. Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero Estas novas características poboacionais motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua.  A teletraducción está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantanxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero. A través da plataforma de teletraducción, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: