A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE PATROCINA CON MAIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS OS EQUIPOS DE ALTA COMPETICIÓN DE GALICIA

 O secretario xeral para o Deporte asinou no día de hoxe os 20 primeiros patrocinios dos 65 equipos beneficiarios do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia. Foron os 15 equipos beneficiarios da área de Vigo e os 5 beneficiarios da área de Compostela

  • Un total de 65 equipos beneficiaranse deste Plan de patrocinio dos equipos de alta competición na tempada 2011/2012
  • A Xunta destina un total de 500.275,10 euros a 15 equipos de alta competición da zona Vigo e 144.255,72 euros a 5 equipos da área de Compostela

 Santiago, 19 de decembro de 2011.- Un total de 65 clubs beneficiaranse do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2011/2012 da Secretaría Xeral para o Deporte, no que se adxudican un total de 2.049.286 euros para os clubs que participan nas distintas competicións. Este Plan de patrocinios constará de dúas fases: a primeira, relativa aos clubs incluídos no Grupo 1, que se inicia hoxe mesmo, e unha segunda fase, relativa aos clubs incluídos no Grupo 2 e correspondente a aqueles cuxa competición máis relevante aínda non comezou, que se iniciará nos primeiros meses de 2012. O requisito para ser beneficiario deste Plan de patrocinios é, no caso do Grupo 1, contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel nas modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente. No caso do Grupo 2, os beneficiarios serán as entidades máis relevantes da súa modalidade, atendendo a criterios de participación e resultados obtidos, en modalidades nas que a competición máis relevante non se desenvolve en sistemas de liga regular, de xeito que non teñen que participar en diferentes encontros deportivos ao longo do ano para participar na competición deportiva oficial máis relevante do seu deporte.

 Máis de medio millón de euros asignados a 15 equipos de Entidades de Vigo e 5 de Santiago

José Ramón Lete Lasa, asinou hoxe os respectivos patrocinios con varios clubs de alta competición de Santiago e da área de Vigo. No caso de Compostela, a Xunta destinará un total de 144.255,72 euros dos que se beneficiarán 5 formacións deportivas: a Sociedade Deportiva Campus Stellae e o Club Autos Lobelle F.S. de fútbol e fútbol sala, respectivamente. O A.C. Órdenes, de hockey a patíns. E, en tenis de mesa, o Arteal Tenis Mesa masculino e feminino. Na zona de Vigo, a Xunta de Galicia asignará un total de 500.275,10 euros para 15 equipos de alta competición. Os beneficiarios son: o Club Deportivo Bosco de baloncesto. Na modalidade de balonmán: a Sociedade Deportiva Octavio Vigo, a Sociedade Deportiva Atlético Novás-O Rosal, Club de Balonmano Porriño e o Club de Balonmán Atlético Guardés. Na modalidade de béisbol: Halcones de Vigo Béisbol Club. En fútbol: a Federación Viguesa de Peñas Recreativas “El Olivo”, o Club de Fútbol Erizana,  o Real Club Celta S.A.D e o Coruxo Club de Fútbol. En fútbol sala: Club Deportivo Mosteiro-Bembrive F.S. Ademais, o Club AMFIV, o Traviesas Hockey Club, Vigo Rugby Club e o Club Vigo de Voleibol.

Promocionar o deporte de alta competición en Galicia

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por terceiro ano consecutivo e conta cun dobre obxectivo: por unha banda, difundir a actividade e a imaxe fundacional e da Comunidade Autónoma, e, por outra, a promoción do deporte de alta competición en Galicia. A Fundación Deporte Galego considera que, a indubidable popularidade que acompaña a xogadores e técnicos destes equipos, convérteos en interesantes líderes de opinión sobre todo entre a poboación infantil e xuvenil á hora de emprender campañas institucionais de fomento do deporte e dos hábitos saudables, algo esencial para complementar o Plan Galicia Saudable, programa estratéxico no ámbito deportivo para os próximos anos. Un plan que está permitindo incorporar á base social galega a actividade física de xeito que a súa concorrencia sexa percibida como necesaria e ineludible. 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: