comunicado de prensa de Carmela Silva, previo á celebración do Comité Provincial do PSdeG.

 Vigo, 19 de decembro de 2011.A vicesecretaria xeral do PSOE de Vigo, Carmela Silva, quere puntualizar que o comunicado emitido no día de hoxe responde ao feito de que a celebración do debate de investidura, sendo na actualidade secretaria segunda da Mesa do Congreso, non lle permitiu estar hoxe no comité provincial.

Para iso, e aínda que a miña posición en Madrid como secretaria segunda da Mesa do Congreso non me permita estar hoxe no Comité Provincial, reclamo que se siga o modelo de incremento da participación adoptado no último comité federal do PSOE, no que duplicouse o número de asistentes ao Congreso Federal.

Nun momento tan difícil como o actual hai que escoitar ao partido, o que implica que asistan o maior número posible de militantes.

– Remito este comunicado previo á celebración esta tarde do comité provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra para transmitir a miña firme posición de demanda dunha gran participación de militantes nos congresos do PSdeG e, de forma singular, nos congresos galego e provincial.  

Lamento a decisión adoptada o pasado domingo polo comité nacional e a dirección do partido en Galicia, restrinxindo a participación de forma brutal e impedindo que centos de militantes poidan acudir ao congreso de Galicia.

Considero que este grave erro debe ser corrixido nos congresos provinciais, facendo que neles participen o maior número posible de militantes, con voz e voto. Hai que escoitar aos militantes, o partido non se debe pechar en operacións orgánicas dirixidas desde as executivas e, por tanto, pido que se produza una apertura total no partido.

Carmela Silva

Vicesecretaria xeral do PSOE de Vigo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: