A FAVEC solicita intervir no vindeiro pleno para premer ao Goberno Municipal a rectificar.

A federación pide a palabra no máximo órgano político e institucional da cidade tamén para desmentir as falsedades e acusacións verquidas contra o movemento veciñal. Tal e como acordara a última asemblea xeral da federación, celebrada días atrás, a Comisión Permanente da FAVEC entregou na mañá de hoxe vía rexistro municipal a solicitude formal para intervir no vindeiro Pleno do Concello. A solicitude está fundamentada na reiterada desatención por parte do Goberno Municipal das peticións de xuntanza realizadas pola Federación Veciñal, e polo incumprimento do mandato plenario para que se proceda a asinar un convenio de colaboración anual entre Concello e FAVEC. “Pedimos a palabra no pleno para dar conta diante do máximo organismo político e institucional da cidade da grave situación que está a provocar o goberno municipal coa súa agresiva campaña contra o movemento veciñal” explicaron ao tempo que cualificaron de “grave vulneración democrática” a negativa a recibir aos representantes da FAVEC e o incumprimento de recentes acordos plenarios.

 O obxecto da intervención no Pleno será, segundo din, “desmontar as reiteradas falsidades verquidas por parte do Alcalde e algúns dos seus concelleiros” como que a FAVEC recibiu este ano 90.000€ (afirmación desmentida con datos pola propia Federación días atrás) ou a acusación de que se piden cartos  para “papatorias veciñais”. Así mesmo pretenden facer presión para obrigar ao Goberno Municipal a rectificar e que desista da súa intención de afogar economicamente a Federación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: