ÁBACO ENTREGA O 1º PREMIO ESPECIAL DA CAMPAÑA NADAL 2011

 Ábaco sorteou esta fin de semana o primeiro dos catro premios especiais da campaña “Sorpresas de Nadal”. O gañador deste primeiro sorteo é o tomiñés Miguel P. G. que se levará, nada máis e nada menos, que un cheque-compra de 300 €., tras haber rexistrado un código por xentileza de Xoguetería Don Dino.Este é o primeiro sorteo dos 4 premios especiais que ábaco repartirá ó longo da campaña entre os códigos rexistrados que non teñan premio directo, polo que non debedes tirar os códigos. Os seguintes sorteos serán os vindeiros 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro; nos que se repartirán dous cheques de 250 € e unha noite no Talaso Atlántico.

Nestas dúas semanas de campaña xa son 52 os premios directos entregados, e máis de 5.200 os códigos rexistrados, que seguirán optando aos premios especiais en cada fin de semana ata o 6 de xaneiro que remata a campaña. Pero quedan aínda moitos premios máis por saír neste carrusel de ¡¡”SORPRESAS DO NADAL”!!

E dentro das actividades programadas para este Nadal, queremos informar a tódolos nenos e nenas que o Venres 23 dende ás 11 da mañá, Papa Noel vos espera cunha morea de agasallos na Praza de Abastos, para escoitar todas as vosas peticións e ver que tal vos portástedes este ano. Xa sabedes, o Venres 23 ás 11 da mañá na Praza de Abastos, ho, ho, ho!!!

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: