Comunicado Concello de Vigo . Aeropuerto

 Vigo, 20 de decembro de 2011.

A única explicación que cabe é que os concelleiros do PP non visitan Peinador porque doutro xeito non se entende que non saiban que o aeroporto vigués conta con 2.500 novas prazas de aparcamento, cun investimento de 50 millóns, e que está en marcha a ampliación das instalación que contan cun orzamento de 57 millóns recollidos nas contas xerais do Estado. Desde o Goberno municipal non podemos máis que pensar que van cos ollos pechados cando se achegan á terminal ou que non viven na cidade.

Veciños de Lavadores

Respecto ao conflito entre a Asociación de Veciños de Lavadores e a asociación de Maiores, temos que aclarar que este concelleiro de Participación Cidadá está disposto a recibir ao colectivo pero, ao tempo, quere deixar claro que estamos diante da falta de entendemento entre dous colectivos que deben resolver os seus problemas.

Oposicións

Sobre as críticas verquidas sobre as oposicións municipais o concelleiro quere suxerirlle ao PP que investiguen como unha concelleira do PP entrou de funcionaria na Deputación de Pontevedra ou que investiguen tamén por que os cheques pendentes do Museo Marco estaban no peto de José Manuel Figueroa. Así, instou ao edil do PP e vicepresidente da Deputación a clarexar onde están estes cheques e como custodia o organismo provincial os fondos públicos.

Santos Héctor

Concelleiro de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado

– Ante as declaracións realizadas esta mañá polo grupo municipal do Partido Popular sobre o aeroporto de Peinador, parécenos sorprendente que o PP atrévase a cuestionar o investimento do Goberno Central nos últimos anos, nos que a terminal viguesa recibiu máis apoio económico que en toda a súa historia. O Goberno que non investiu en Peinador foi, precisamente, o goberno de Aznar.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: