Noticias Ayuntamiento de Vigo 23-12-11


O alcalde anuncia a adxudicación provisional de humanizacións de rúas por máis de 15 millóns

A Xunta de Goberno Local validou este venres a clasificación de ofertas das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un pequeno treito da Avenida Castelao, a iniciar nun prazo aproximado de dous meses. Caballero resaltou que “queremos seguir facendo humanizacións en todo Vigo porque é o que a cidade demanda e é o noso compromiso político e electoral con esta cidade”.

 

O alcalde anuncia o inicio dos trámites para construír 44 vivendas sociais en Cambeses

Abel Caballero explicou hoxe o Concello inicia o procedemento administrativo para construír 44 vivendas sociais en Cambeses. Na sesión de Urbanismo desta mañá, segundo explicou o rexedor, tamén se deu luz verde á contratación da demolición parcial do edificio Churruca 3-5 por un valor de 424.000 euros.

 


Caballero inaugura a escultura homenaxe ao señor Castro, o histórico vendedor de prensa vigués

O alcalde de Vigo, xunto á distintos membros da Corporación Municipal, inaugurou este venres fronte ao Museo Marco, en Príncipe, a escultura en homenaxe a Manuel Castro, histórico vendedor de prensa da cidade. Abel Caballero recordou que esta iniciativa partíu do anterior tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e representa o “homenaxe da cidade” ao señor Castro e tamén aos traballadores dos medios de comunicación.

 

Normalización Lingüística: actividades de Ndal

 

Pechada ao tráfico en HORARIO NOCTURNO a rúa LOPEZ MORA, treito entre as rúas Pintor Lugris e José Frau Ruiz

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras urxentes de izado de vigas, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico en HORARIO NOCTURNO a rúa LOPEZ MORA, treito entre as rúas Pintor Lugris e José Frau Ruiz, con acceso exclusivo para garaxes, o martes e mércores 27 e 28 de decembro de 2011 dende as 21:00 horas e por un período aproximado de once horas cada noite.

 

Pleno da Corporación Municipal, sesión ordinaria

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: