O CONSORCIO ASINARÁ UN CONVENIO COA MANCOMUNIDADE DO VAL MIÑOR PARA A XESTIÓN DO CENTRO DE DÍA DE SABARÍS

  O equipamento será adxudicado nos próximos días

  • Estanse a realizar os últimos trámites para a entrada en funcionamento do servizo no primeiro trimestre do ano

Santiago, 23 de decembro de 2011.- O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asinará un convenio de xestión coa Mancomunidade do Val Miñor, na que están integrados os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, para a xestión do centro de día de Sabarís. O xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, e os alcaldes dos tres municipios fixeron unha visita ás instalacións do futuro centro de maiores, onde abordaron os detalles do convenio de xestión e falaron dos trámites pendentes para a apertura.

Cara a esa apertura, a xestión do centro de día xa foi adxudicada hai unhas semanas e o pasado 28 de novembro foi licitado o equipamento, que será adxudicado nos próximos días. Dende o Consorcio procederase agora a tramitar a sinatura do convenio, a adxudicar o equipamento e a realizar as contratacións dos suministros, mentres que ao Concello de Baiona correspóndelle a acometida de luz.

 Prazas na provincia

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asumiu o pasado ano, a través dun convenio co Concello de Baiona, o compromiso de rematar a construcción e de desenvolver as obras de urbanización da parcela do centro de día de Sabarís. O investimento superou os 380.000 euros aos que se sumarán agora arredor de 85.000 euros para o equipamento.

O centro de día de Sabarís, que ofertará 40 prazas para persoas maiores dependentes ou en risco de padecer dependencia, integrarase na rede de Centros de Atención a Persoas Maiores do Consorcio. Estes defínense como equipamentos socio-terapéuticos e de apoio ás familias que ofrecen unha atención terapéutica integral promovendo a autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual dos beneficiarios.

A oferta da rede do Consorcio na provincia de Pontevedra incrementouse nun 95 por cento nos últimos dous anos acadando as 368 prazas. Entre esas novas prazas están as dos centros de Tomiño e O Porriño, que abriron as súas portas en setembro de 2010. Xunto co de Sabarís, nos primeiros meses do vindeiro ano está prevista tamén a entrada en funcionamento dun centro de día no parque tecnolóxico de Valadares, en Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: